Segundo Concilio de Nicea

O Segundo Concílio de Niceia foi o sétimo concilio ecuménico do cristianismo[1], e o último en ser aceptado tanto pola Igrexa católica como pola ortodoxa. Reuniuse do 24 de setembro ao 23 de outubro de 787 en Nicea (sede do Primeiro Concilio de Nicea; agora İznik en Turquía). O tema central foi a lexitimidade da veneración de imaxes de santos[2] que suprimira un edicto do Imperio Bizantino durante o reinado de León III (717 - 741), e que seu fillo Constantino V (741 - 775) aplicara ferreamente.

Representación do Segundo Concilio de Nicea nunha miniatura de, aproximadamente, o ano 1000

Historia editar

A veneración de iconas fora definitivamente abolida polas medidas enérxicas de Constantino V co apoio do Concílio de Hieria (754). Estas tendencias iconoclastas compartíaas o novo emperador, León IV. Tras a súa morte prematura, a súa viúva Irene, como rexente de Constantino VI, desexaba restaurar a veneración de iconas. O concilio de Hieria non tivera a participación das igrexas occidentais e polo tanto non fora aceptado por toda a igrexa, e foi formalmente desacreditado cando Tarasio sucedeu a Paulo o Novo como patriarca de Constantinopla no ano 784. Tarasio desexaba un achegamento ás igrexas occidentais, e convocou un novo concilio, convidando ao papa Hadrián I que aceptou.

O concilio celebrou unha primeira reunión no ano 786, na Igrexa dos Santos Apóstolos de Constantinopla, secasí tras as protestas dos membros da delegación de Roma, que miraban a Constantinopla con desconfianza, disolveuse e trasladouse a Nicea. Participaron cerca de 350 persoas, 308 bispos ou os seus representantes. O patriarca Tarasio presidiu o concilio, celebrándose sete sesións. O concilio concluíu permitindo a veneración das iconas seguindo as pasaxes bíblicas do Êxodo 25:19, Números 7:89, Hebreos 9:5, Ezequiel 41:18 e Xénese 31:34.

Notas editar

  1. Ostrogorsky, George. History of the Byzantine State. New Brunswick:Rutgers University Press, 1969. ISBN 0-8135-0599-2. Páx.:178.
  2. Gibbon, Edward. The Decline and Fall of the Roman Empire. New York: Random House Inc., 1995. ISBN 0-679-60148-1. Páx.: 1693.