Seediq Bale
Seediq Bale (que en lingua seediq quere dicir literalmente "seediq reais" ou "homes reais") é un filme taiwanés de 2011 dirixido por Wei Te-sheng e producido por John Woo. Baséase en feitos reais e conta a historia do incidente Wushe, ocorrido en 1930 no centro de Taiwán. A versión completa do filme estreado en Taiwán está dividido en dúas partes. A primeira parte é camada "太陽旗" (A bandeira do sol), e a segunda parte "彩虹橋" (A ponte arco da vella), cunha duración total de 4 horas e 36 minutos. Porén, as dúas partes foron combinadas nunha única versión para a súa estrea internacional, cunha duración de 2 horas e 30 minutos. É a produción máis cara da historia do cinema de Taiwán. Foi comparado con outros filmes, como Braveheart de Mel Gibson e O derradeiro dos mohicanos polos medios de comunicación taiwaneses.[2][3]
Seediq Bale | |
---|---|
Ficha técnica | |
Título orixinal | Seediq Bale |
Director | Wei Te-sheng |
Produtor | John Woo Jimmy Huang Terence Chang |
Guión | Wei Te-sheng |
Intérpretes | Nolay Piho Yuki Daki Umin Boya Masanobu Andō Kawahara Sabu Yuichi Kimura Vivian Hsu Landy Wen Irene Luo Chie Tanaka |
Música | Ricky Ho |
Fotografía | Chin Ting-chang |
Montaxe | Chen Po-Wen Milk Su |
Distribuidora | Vie Vision Pictures |
Estrea | : Parte 1: 9 de setembro de 2011 Parte 2: 30 de setembro de 2011 |
Duración | Parte 1: 144 minutos Parte 2: 132 minutos Ámbalas: 276 minutos Versión conxunta: 150 minutos |
Orixe | Taiwán |
Xénero | Épico, bélico |
Orzamento | 23 - 25 millóns de dólares |
Recadación | 29 millóns de dólares[1] |
Na rede | |
http://www.seediqbalethemovie.com/ | |
|
Personaxes
editar- Lin Ching-Tai como Mona Rudao
- Umin Boya como Temu Walis
- Masanobu Ando como Kojima Genji
- Sabu Kawahara como Kamada Yahiko
- Vivian Hsu como Takayama Hatsuko
- Lo Mei-Ling como Kawano Hanako
Notas
editar- ↑ (chinés)楊景婷[Yang Jingting]。《賽德克》2011稱霸十大華語電影 國片暴衝橫掃15億。蘋果日報。2011年11月22日。
- ↑ "Taiwan buzzing before release of ‘Warriors’ epic". Arquivado dende o orixinal o 04 de febreiro de 2013. Consultado o 10 de decembro de 2019.
- ↑ "'Seediq Bale' depicts Taiwanese natives' fight for dignity". Arquivado dende o orixinal o 08 de outubro de 2011. Consultado o 10 de decembro de 2019.
Véxase tamén
editarOutros artigos
editar- Filmes de Taiwán propostos ó Óscar ó mellor filme internacional
- Filmes propostos ó mellor filme internacional na 84ª edición dos Óscar
Ligazóns externas
editar- Seediq Bale na IMDb (en inglés).
- Ficha en AllMovie (en inglés)
- Ficha en BoxOfficeMojo (en inglés)
- Ficha en RottenTomatoes (en inglés)
- Ficha en Metacritic (en inglés)