Secernénteos

clase de nematodos
Secernénteos
Secernentea

Heterodera glycines. Verme e un ovo
Clasificación científica
Reino: Animalia
Filo: Nematoda
Clase: Secernentea
Lorenzen, 1981
Subclases e Ordes
Véxase o texto

A dos secernénteos (Secernentea) é unha clase de nematodos.

É unha das dúas clases tradicionais de nematodos, que está fundamentada en criterios morfolóxicos, pero non está apoiada por análises moleculares modernos.[1]

Características

editar

Son nematodos con anfidios localizados dorsolateralmente sobre os labios laterais ou no extremo anterior, as aberturas dos anfidios son en forma de poro ou de fendedura; os deridios e os fasmidios están presentes; o aparato excretar é tubular; a cutícula, estriada, está provista de dúas a catro capas; o esófago é variábel, pero con tres glándulas esoxáficas; as ás cuadais están presentes. Os machos posúen, en xeral, un testículo, teñen papilas sensoriais cefálicas e pode haber tamén papilas caudais. A hipoderme é uninucleada ou multinucleada. A cutícula componse de dúas a catro capas, e presenta estrías transversais ou aneis. O sistema excretor ábrese ventrolateralmente mediante un ducto cuticularizado conectado a túbulos colectores en un ou a ambos os lados do corpo. A cavidade corporal presenta de catro a seis pseudocelomocitos.[2]

Son case exclusivamente terrestres, rara vez de auga doce ou mariños.[1]

Taxonomía

editar

De modo tradicional, os secernénteos se subdiven en tres subclases, cun total de oito ordes,[1] ou nove, segundo os autores.[3]

Subclase Rhabditia

Orde Rhabditida
Orde Strongylida

Subclase Spiruria

Orde Spirurida
Orde Ascaridida
Orde Camallanida
Orde Drilonematida

Subclase Diplogasteria

Orde Diplogasterida
Orde Tylenchida
  1. 1,0 1,1 1,2 Ferris, H. 2008. THE "NEMATODE-PLANT EXPERT INFORMATION SYSTEM", A Virtual Encyclopedia on Soil and Plant Nematodes. Comparison of Morphology- and DNA-based Classifications. Department of Nematology, University of California Arquivado 12 de outubro de 2013 en Wayback Machine..
  2. Franco Navarro, Francisco (2007). María Fernanda Fernández Álamo e Gerardo Rivas, ed. Niveles de organización en animales. México, DF.: Las prensas de ciencias. ISBN 978-970-32-5041-7. 
  3. Secernentea na ADW.

Véxase tamén

editar

Outros artigos

editar