Sebbi de Essex
Sebbi(tamén coñecido como Santo Sæbbi ou Sebba) era fillo de Sexred e Rei conxunto de Essex de 664 a aproximadamente 683 xunto co seu primo, Sighere. Tras a morte deste, asumiu o trono en solitario até 694.
Biografía | |
---|---|
Nacemento | século VII |
Morte | 29 de agosto de 694 |
Lugar de sepultura | Catedral de San Paulo de Londres |
Rei de Essex | |
← Swithhelm de Essex – Sigeheard de Essex, Swaefred de Essex → | |
Enaltecemento | |
Familia | |
Fillos | Swaefhard de Kent, Sigeheard de Essex, Swaefred de Essex |
Pai | Seaxred de Essex |
Descrito pola fonte | Dictionary of National Biography |
Traxectoria
editarSighere e Sæbbi era primos do seu predecesor, Swithelm. En 665 Sighere apostatou e volveu ao o paganismo, mentres Sebbi seguiu sendo cristián. Sighere atopou un aliado en Wessex, e Sæbbi en Mercia. Por mor da súa rivalidade, Wulfhere de Mercia estableceuse como señor de Essex en 665 e enviou a Jaruman, bispo de Mercia, a reconverter ao pobo de Essex.
En 686, Cædwalla, un sub-rei de Wessex, estableceuse como señor de Essex. El e Sæbbi invadiron Kent, expulsaron a Eadric, e Sæbbi gobernou sobre Kent occidental. Crese que nesta época, Sæbbi fundou a abadía orixinal de Westminster.
Pénsase que Sæbbi abdicou en 694 para ingresar nun mosteiro, e foi sucedido polos seus fillos, Sigeheard e Swaefred, que gobernaron Essex conxuntamente. Outro dos seus fillos, Swæfheard, gobernaría Kent Sæbbi morreu en 695 e foi enterrado na Antiga Catedral do San Paulo na Cidade de Londres onde foi reverenciado como santo.
A tumba de Sæbbi sobreviviu ao incendio de 1087 e os seus restos foron transferidos a un sarcófago de mármore negro a mediados do século XII. Este sarcófago foi debuxado por Wenceslaus Hollar, e a súa obra publicada na Historia de St Paul de Dugdale. A tumba foi destruída no Grande incendio de Londres. Erixiuse unha placa a Sæbbi na catedral de Wren.[1]
Notas
editar- ↑ "The burial of King Aethelred the Unready at St Pauls". The English and their Legacy. Boydell Press.