Sebastián I de Portugal
Este artigo precisa de máis fontes ou referencias que aparezan nunha publicación acreditada que poidan verificar o seu contido, como libros ou outras publicacións especializadas no tema. Por favor, axude mellorando este artigo. (Desde xaneiro de 2017.) |
Sebastián I de Portugal, nado en Lisboa o 20 de xaneiro de 1554 e finado en Alcácer Quibir (Marrocos) o 4 de agosto de 1578, foi Rei de Portugal. Por mor de ser o herdeiro esperado para dar continuidade á dinastía de Avis, foi alcumado de "O Desexado" é tamén lembrado como "O Cuberto" ou "O Durmido", debido á lenda que se refire ao seu regreso do campo de Batalla de Alcácer Quibir nunha mañá de neboeiro, para salvar a nación.
Sebastián I | |
---|---|
Rei de Portugal | |
![]() | |
Reinado | 11 de xuño de 1557 - 20 de xaneiro de 1568 (fin da rexencia) - 4 de agosto de 1578 |
Nacemento | 20 de xaneiro de 1554 Lisboa, Portugal |
Falecemento | 4 de agosto de 1578 Alcácer Quibir, Marrocos |
Predecesor | Xoán III de Portugal |
Sucesor | Henrique I de Portugal |
Na rede | |
![]() ![]() ![]() | |
TraxectoriaEditar
Era neto de Xoán III, a quen sucedeu aos tres anos. Ata os 14 anos, o reino tivo como rexentes a Catarina de Austria e o seu tío avó Cardeal Henrique de Évora. Aos 14 anos, D. Sebastián asume o goberno. Soñaba con batallas, conquistas e a expansión da fe, profundamente convencido de que sería o capitán de Cristo nunha nova cruzada contra os musulmáns do Norte de África.
Na batalla de Alcácer-Quibir, o campo dos tres reis, os portugueses sufriron unha derrota nas mans do sultán Ahmed Mohamed de Fez e perderon unha boa parte do seu exército. En canto a Sebastián, probabelmente morreu na batalla ou foi morto despois desta rematar. Pero para o pobo portugués de entón o rei só desaparecera. Este desastre tería as peores consecuencias para o país, poñendo en perigo a súa independencia. O rescate dos superviventes agravou aínda máis as dificultades económicas do país.
Tornouse entón nunha lenda do gran patriota portugués - o rei dormente "(ou un Mesías) que ía regresar para axudar a Portugal nas súas horas máis sombrizas, unha imaxe semellante á que o Rei Artur ten en Inglaterra ou Frederico Barbarroxa en Alemaña.
Como morreu sen descendencia, sucedeulle o seu tío avó Cardeal Henrique de Évora.
Rei de Portugal | ||
---|---|---|
Segue a: Xoán III de Portugal |
Sebastián I de Portugal | Precede a: Henrique I de Portugal |
Dinastía de Avis-Bexa |