Sebastián Taborda
Sebastián Taborda Ramos, nado en Montevideo o 22 de maio de 1981, é un futbolista uruguaio. Xoga de dianteiro centro e o seu equipo actual é o Defensor Sporting.
Sebastián Taborda | |||
---|---|---|---|
Información persoal | |||
Nome | Sebastián Taborda Ramos | ||
Nacemento | 22 de maio de 1981 (42 anos) | ||
Lugar de nacemento | Montevideo | ||
Altura | 1,92 m. | ||
Posición | Dianteiro | ||
Información de club | |||
Club actual | Defensor | ||
Número | 9 | ||
Carreira sénior | |||
Anos | Equipos | Aprs | (Gls) |
2000–2005 | Defensor | 49 | (21) |
2001 | → Fénix (cedido) | 29 | (14) |
2003 | → Pumas UNAM (cedido) | 13 | (3) |
2004 | → Univ. Católica (cedido) | 11 | (4) |
2005–2009 | Deportivo da Coruña | 41 | (5) |
2008–2009 | → Hércules (cedido) | 12 | (1) |
2009–2010 | Defensor | 13 | (1) |
2010–2011 | Newell's Old Boys | 10 | (0) |
2011–2012 | River Plate (Uruguai) | 24 | (12) |
2012–2013 | Nacional | 11 | (1) |
2013– | Defensor | 3 | (1) |
Selección nacional | |||
2003 | Uruguai | 1 | (0) |
Partidos e goles só en liga doméstica. Club: actualizado a 12 de novembro de 2012. [ editar datos en Wikidata ] | |||
TraxectoriaEditar
Comezou a xogar no seu país, no Defensor Sporting. Despois de estar cedido en varios clubs suramericanos, como Fénix (Uruguai), Pumas de la UNAM (México) e Universidad Católica, chegou a Europa no 2005 para xogar no Deportivo da Coruña, que pagou 2,9 millones de euros polo 70% do pase do xogador. A súa gran virtude é a súa envergadura, que a sabe aproveitar perfectamente no xogo aéreo. Normalmente é usado como revulsivo nas segundas partes dos partidos ou ante situacións adversas no marcador. Iso sucedeu nun partido contra o Valencia CF, no que Taborda marcou un gol coa cabeza aos poucos segundos de entrar no terreo de xogo, gañándose o alcume de 'Falito'. Cabe destacar que algúns dos seus goles máis importantes foron marcados saíndo case sempre desde o banquiño. Na tempada 2008–09 foi cedido ao Hércules CF de Segunda División. Tras rematar o seu contrato co Deportivo o 1 de setembro de 2009, volveu ao Uruguai para xogar novamente no Defensor Sporting. En 2010 foi contratado por Newell's Old Boys da Arxentina.
Selección nacionalEditar
Até a data foi convocado tres veces coa selección uruguaia, xogando un partido.