Sebastián Ariel Méndez Pardiñas

futbolista arxentino

Sebastián Ariel Méndez Pardiñas, nado en Buenos Aires o 4 de xullo de 1977, é un exfutbolista e actual adestrador de fútbol arxentino. Xogaba na demarcación de defensa e foi internacional coa selección arxentina. É de ascendencia galega polo que nos campos da Arxentina o coñecían como Gallego Méndez.

Sebastián Méndez
Información persoal
Nome Sebastián Ariel Méndez Pardiñas
Nacemento 4 de xullo de 1977 (46 anos)
Lugar de nacemento París
Altura 1,77 m.
Posición Defensa
Carreira sénior
Anos Equipos Aprs (Gls)
1993–2002 Vélez Sársfield 177 (3)
2002–2006 Celta de Vigo 57 (0)
2006–2009 San Lorenzo 60 (2)
2009 Banfield 19 (0)
Total 313 (5)
Selección nacional
1999 Arxentina 2 (0)
Adestrador
2010 San Lorenzo (coidador)
2011 Banfield
2013–2014 Atlanta
2014 Platense
2015 Gimnasia de Jujuy
2016 Godoy Cruz
Partidos e goles só en liga doméstica.

editar datos en Wikidata ]

Traxectoria editar

Debutou con 17 anos co Vélez Sársfield, co que foi campión da Copa Libertadores, da Copa Intercontinental, da Copa Suramericana e logrou tres títulos de Liga nas oito tempadas que militou no equipo.

Este palmarés fixo que o Celta de Vigo se fixase nel e o fichase no mercado de inverno da tempada 2002/03. Dende un primeiro momento gañou o afecto da afección co seu compromiso e entrega no campo.

No Celta viviu grandes momentos como a clasificación e disputa da Copa de Europa e o ascenso a Primeira División pero tamén malos coma o descenso da tempada 2003/04.

Despois de varias lesións que lle impediron ter continuidade o club traspasouno ao San Lorenzo de Almagro, equipo co que volveu gañar o título de Liga. Antes de retirarse aínda xogaría no CA Banfield, no que se convertería no xefe da defensa, axudando a conquistar outra vez o título de Liga, o quinto na súa conta particular. Despois deste último triunfo retirouse de fútbol profesional.

En abril de 2010 fíxose cargo interinamente da dirección do CA San Lorenzo de Almagro trala renuncia de Diego Simeone.

Véxase tamén editar

Ligazóns externas editar