Abrir o menú principal

Savo Milošević

futbolista serbio

Savo Milosevic, nado en Bijelijina (Bosnia e Herzegovina) o 2 de setembro de 1973 foi un futbolista que xogaba na demarcación de dianteiro centro.

Savo Milošević
Savo Milosevic-mc.rs.jpg
Información persoal
Nacemento 2 de setembro de 1973
  Bijeljina
Nacionalidade Serbia
Altura 186 centímetros
Posición Dianteiro
editar datos en Wikidata ]

TraxectoriaEditar

Comezou a súa traxectoria no fútbol profesional no Partizan de Belgrado emigrando a Inglaterra cas impresionantes cifras de 98 encontros e 74 goles. Na Premier League militou tres anos no Aston Villa cunha cifras moi dignas antes de recalar na Liga Española.

En España xogaría no Real Zaragoza e, cunha breve experiencia sen demasiado éxito no fútbol italiano no Parma FC, RCD Espanyol, Celta de Vigo e Osasuna.

Deixaría a liga española despois de máis de 90 goles en catro equipos diferentes.

A súa última parada futbolística foi o ruso FC Rubín Kazán no ano 2008 onde participaría na consecución do titulo ligueiro. Tras este título retiraríase con 35 anos de idade.

En decembro de 2009 presentouse ás elección presidenciais do Partizan de Belgrado sendo derrotado por 43 votos a 1 por Dragan Djuric.

EquiposEditar

Véxase taménEditar