Savo

illa das Illas Salomón

Coordenadas: 09°08′00″S 159°49′00″L / -9.13333, -159.81667

Illa de Savo (en inglés: Savo Island) é unha illa volcánica que forma parte das Illas Salomón, no sur do océano Pacífico. Está localizada ao nordés da punta norte da Illa de Guadalcanal nas coordenadas . Administrativamente forma parte da Provincia Central das Illas Salomón.

Savo
Mapa de Savo
Situación
PaísIllas Salomón
ProvinciaCentral
MarOcéano Pacífico
Coordenadas9°08′00″S 159°49′00″L / -9.13333, -159.81667
Xeografía
Superficie31 km²
Punto máis alto485 m.
Demografía
PoboaciónDeshabitada

A última erupción do volcán da illa ocorreu entre os anos 1835 e 1850. Unha desas erupcións foi o suficientemente forte para que desaparecera toda especie de vida na illa. Unha erupción anterior ocorreu en 1568. De acordo aos datos da Organización Mundial de Observatorios Volcánicos (en inglés World Organization of Volcanic Observatories), a illa de Savo está activa cada 100 a 300 anos.

Savo na segunda guerra mundial editar

 
O cruceiro estadounidense Quincy en chamas logo dun ataque de cruceiros xaponeses na Batalla da Illa de Savo en 1942.

Debido á súa proximidade á illa de Guadalcanal e a dureza das batallas disputadas polo control das Illas Salomón, a illa de Savo foi escenario de moitos dos enfrontamentos navais da Campaña das Illas Salomón. É coñecida como o lugar onde se libraron moitas batallas navais no adxacente "Ironbottom Sound" durante a segunda guerra mundial, entre as forzas aliadas navais e a Armada Imperial Xaponesa.

Entre as batallas navais que se disputaron nas inmediacións da illa de Savo están:

A Illa de Savo aparece no xogo de estratexia Commandos 2: Men of Courage, ambientado na segunda guerra mundial.

Véxase tamén editar