Satélite de observación terrestre

Os satélites de observación terrestre son satélites artificiais deseñados para observar a Terra dende unha órbita. Son parecidos aos satélites espías pero deseñados especificamente para aplicacións non militares como o control do medio ambiente, meteoroloxía ou cartografía.

Funcionamento editar

Os satélites de observación da terra, divídense, segundo a súa órbita, en satélites de órbita baixa (LEO) e satélites de órbita xeoestacionaria (GEO).

Os LEOs van cambiando nun rango típicamente, 200 a 1200 km sobre a superficie terrestre, o que significa que posúen períodos comprendidos entre 90 minutos e 5 horas e polos tanto son excelentes candidatos para realizar exploracións exhaustivas da superficie terrestre (detección de incendios, determinación da biomasa, estudo da capa de ozono etc...). Ej.: TRMM os GEOs teñen unha órbita fixa a 35.875 km de distancia, en órbita ecuatorial (o que significa que quedan en dirección sur para os habitantes do hemisferio norte, en dirección norte para os habitantes do hemisferio sur e xusto enriba dos habitantes do ecuador). Ademais, polas características da órbita xeostacionaria, sempre quedan fixos no mesmo punto. Son excelentes para estudos de meteoroloxía (Meteosat).

Os instrumentos de observación dependen do obxecto do estudo; variando desde observación no espectro visible, as microondas etc...

A maioría de satélites limítanse a instrumentos pasivos, isto é, a recoller a radiación xa presente, principalmente no espectro visible. Ditos satélites van equipados con lentes similares ás dun telescopio terrestre, unha cámara CCD etc...

SAR editar

Un radar de apertura sintética (acrónimo SAR, do inglés Synthetic Aperture Radar) é un tipo de sistema radar. Consiste en procesar mediante complicados algoritmos a información capturada pola antena do radar. Este procesado busca combinar a información obtida en varios "lugares" da antena para recrear un só "barrido virtual". Ao final o sistema radar proporciona o mesmo rendemento que daría se estivese equipado cunha antena moito máis grande e directiva que a que ten en realidade. O seu uso limítabase, na súa creación, en casos nos que o radar estaba en movemento e os brancos relativamente inmóbiles (avións). Tamén se usou en aplicacións de teledetección e en cartografía.

LIDAR editar

LIDAR (un acrónimo do inglés Light Detection and Ranging; ou (Laser Imaging Detection and Ranging) é unha tecnoloxía que permite determinar a distancia dende un emisor láser a un obxecto ou superficie utilizando unha faz láser pulsado. Ao igual que ocorre coa tecnoloxía radar, onde se utilizan ondas de radio en vez de luz, a distancia ao obxecto determínase medindo o tempo de atraso entre a emisión do pulso e a súa detección a través do sinal reflectido. En xeral, a tecnoloxía lidar ten aplicacións en xeoloxía, sismoloxía e física da atmosfera.