Sasha Vujačić
Aleksandar "Saša" Vujačić (en cirílico: Александар »Саша« Вујачић), nado o 8 de marzo de 1984 en Maribor, é un antigo xogador de baloncesto profesional esloveno. Cunha altura de 2,01 metros, xogaba na posición de escolta. O seu pai é adestrador de baloncesto de Serbia Vaso Vujačić.
![]() | |
Información persoal | |
---|---|
Nacemento | 8 de marzo de 1984 (39 anos)![]() |
Nacionalidade | ![]() |
Altura | 2,01 m (6 ft 7 in) |
Peso oficial | 88 kg (195 lb) |
Posición | Escolta |
Información da carreira | |
NBA Draft | 2004 / Rolda: 1 / Elección: 27 Por Los Angeles Lakers |
Carreira | 2001−2019 |
Historial de equipos | |
Snaidero Udine (2001–2004) Los Angeles Lakers (2004–2010) New Jersey Nets (2010–2011) Anadolu Efes (2011–2013) Los Angeles Clippers (2014) Reyer Venezia Mestre (2014) Laboral Kutxa (2014) İstanbul BB (2015) New York Knicks (2015–2017) Auxilium Torino (2017–2018) Scaligera Basket Verona (2019) | |
Premios e galardóns | |
2× Campión da NBA (2009, 2010) |
Traxectoria editar
Europa editar
A súa carreira profesional comezou moi pronto, cando só tiña 16 anos, idade coa que fichou polo Snaidero Udine, da Lega italiana. Alí xogou até 2004.
En xullo de 2011, asinou un contrato dun ano con opción a un máis co Anadolu Efes S.K. de Turquía.[1][2]
NBA editar
Foi elixido no Draft da NBA de 2004 no posto 27 por Los Angeles Lakers, onde na actualidade completa a súa cuarta tempada. Ao longo destes anos, xogando dende o banco, tivo unha media de 9,9 puntos e 1,3 asistencias en apenas 15 minutos por partido que xoga. Na actualidade pasou a xogar de escolta onde pode explotar o seu gran lanzamento de longa distancia. O 25 de xullo de 2008 renovou o seu contrato cos Lakers por 15 millóns de dólares en tres anos. Despois de asinar ese contrato por tres anos cos Lakers, a súa achega e os seus números descenderon.
O 15 de decembro de 2010, Vujačić foi traspasado aos New Jersey Nets nun traspaso entre tres equipos, os Nets, os Lakers e os Houston Rockets. Nos Nets, Vujačić encontrouse co seu antigo compañeiro nos Lakers, Jordan Farmar.[3] Ao levar Ben Uzoh o dorsal 18, Vujačić cambiou o seu número polo 20.
Notas editar
- ↑ "ANADOLU EFES signs Vujacic". Arquivado dende o orixinal o 17 de xullo de 2011. Consultado o 15 de xullo de 2011.
- ↑ "Sasha Vujacic Efes'te...". Arquivado dende o orixinal o 18 de xullo de 2011. Consultado o 15 de xullo de 2011.
- ↑ "NETS Acquire Vujacic & Two 1st-Round Picks in 3-Team Trade". NBA.com. 2010-12-15. Consultado o 2010-12-15.
Véxase tamén editar
Ligazóns externas editar
- Web Oficial
- Perfil en NBA.com (en inglés)
- Estatísticas en Basketball-Reference.com Arquivado 23 de febreiro de 2017 en Wayback Machine. (en inglés)
- Perfil en Euroleague.net (en inglés)