Sariñena

Sariñena é unha vila e un concello español da comunidade autónoma de Aragón, na provincia de Huesca. É a capital da comarca de Los Monegros. A súa poboación era de 4.308 habitantes en 2008. O municipio ocupa unha superficie de 275,6 km².

Escudo de Sariñena

XeografíaEditar

Pertencen ao termo municipal de Sariñena os lugares de Cartuja de los Monegros, Lastanosa, La Masadera, Pallaruelo de Monegros e San Juan del Flumen. A vila está situada a 48 km de Huesca.

DemografíaEditar

Evolución demográfica
1991 1996 2001 2004 2005 2008
4.227 4.058 3.950 4.026 4.121 4.308