Os Saraperos de Saltillo son un equipo profesional de béisbol mexicano con sede en Saltillo, Coahuila, que compite na Liga Mexicana de Béisbol (LMB). O club foi fundado en 1970 e posúe no seu palmarés dous títulos de liga: 2009 e 2010. O club tamén gañou o torneo de 1980, temporada que se viu afectada por unha folga de xogadores e que non se recoñece como campionato oficial. Desde a súa fundación, os Saraperos xogan como locais no Estadio de Béisbol Francisco I. Madero, parque con capacidade para 16 000 espectadores.[1]
Saraperos de Saltillo |
---|
Fundado en 1970 |
|
---|
| Logo |
|
Liga |
---|
Liga | Liga Mexicana de Béisbol |
---|
División | Zona Norte |
---|
Imaxe do equipo |
---|
Cores | |
---|
Datos do equipo |
---|
Cidade | Saltillo, Coahuila |
---|
Alcumes | El dragón del norte, El Sarape, La nave verde, Los Bombarderos del Madero |
---|
Estadio | Francisco I. Madero (16 000 esp.) |
---|
Mascota | Kike Conejo |
---|
Adestrador | Roberto Vizcarra Acosta |
---|
Títulos |
---|
Liga (2) | 2009, 2010 |
---|
Zona (8) | 1971, 1972, 1973, 1988, 2004, 2005, 2009, 2010 |
---|