Saransk
Coordenadas: 54°11′N 45°11′L / 54.183, -45.183
Saransk (ruso: Сара́нск) é unha cidade de Rusia, capital da república de Mordovia, así como o seu centro financeiro e económico. Situada na conca do Volga onde se atopan os ríos Saransk e Insar, a uns 644,2 quilómetros ao leste de Moscova[1] A súa poboación no ano 2017 era duns 314 789 habitantes.[2]
Saransk | |||
---|---|---|---|
Сара́нск | |||
| |||
Localización | |||
País | ![]() | ||
Suxeito federal | ![]() | ||
Xeografía | |||
Superficie | 383 km² | ||
Demografía | |||
Poboación | 314 789 | ||
Densidade | 771 hab/km2 | ||
Outros datos | |||
Sitio web |
No verán de 2018 a cidade de Saransk albergou varios xogos do Campionato Mundial de Fútbol.
Historia editar
O forte ruso Atemar, fundado en 1641, tomou o seu nome dunha cidade próxima de Mordvin, nese momento a fortaleza estaba na fronteira sueste do Tsarato de Rusia. O nome actual, "Saransk", refírese á situación da cidade no río Saransk. Pouco despois da fundación, a cidade converteuse nun importante centro comercial para os veciños de Erzya. Despois de 1708, Saransk foi outorgado á provincia de Azov e máis tarde ao gobernador de Kazan. En 1780, os asentamentos humanos foron recoñecidos como cidade e transferiuse novamente, esta vez ao goberno de Penza, en 1928 Saransk converteuse no centro administrativo do recentemente creado Okrug Nacional Mordervino, que se converteu na rexión autónoma de Mordovia en 1930. Os planificadores soviéticos reconstruíron o antigo centro nos anos 60 e 70. Engadindo amplas rúas e planeáronse a construción masiva de áreas residenciais.
Clima editar
Saransk ten unha versión relativamente fría do clima continental húmido[3] con cálidos veráns e invernos fríos.
Datos climáticos para Saransk | |||||||||||||
---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|
Mes | Xan | Feb | Mar | Abr | Mai | Xuñ | Xul | Ago | Set | Out | Nov | Dec | Anual |
Temperatura máxima en °C | 11,0 | 5,0 | 10,0 | 28,9 | 32,2 | 34,0 | 33,9 | 36,1 | 31,1 | 23,0 | 13,9 | 10,0 | 36,1 |
Media máxima en °C | −10,5 | −9,0 | −2,2 | 10,6 | 19,2 | 22,3 | 23,9 | 22,4 | 17,2 | 7,4 | −1,2 | −5,9 | 8,2 |
Media diaria en °C | −13,5 | −12,5 | −5,7 | 6,4 | 13,9 | 16,8 | 18,4 | 16,9 | 12,0 | 3,8 | −3,6 | −8,5 | 4,0 |
Media mínima en °C | −17,2 | −16,5 | −9,6 | 2,1 | 8,1 | 11,0 | 13,2 | 11,7 | 7,0 | 0,4 | −6,4 | −11,6 | −0,2 |
Temperatura mínima en °C | −34,0 | −36,1 | −30,0 | −10,0 | −2,2 | 1,1 | 3,9 | 2,0 | −5,0 | −17,2 | −22,2 | −28,9 | −36,1 |
Precipitación media mm | 32 | 24 | 25 | 32 | 39 | 59 | 74 | 50 | 49 | 47 | 44 | 35 | 510 |
Fonte: [4] |
Notas editar
- ↑ "Distancia de Moscú hasta Saranks en coche".
- ↑ "Estadísticas Rusia".
- ↑ "Saransk, Mordovia, Russia Climate Summary". Weatherbase. Consultado o 27 de marzo de 2015.
- ↑ "Saransk, Mordovia, Russia Temperature Averages". Weatherbase. Consultado o 27 de marzo de 2015.
Véxase tamén editar
Wikimedia Commons ten máis contidos multimedia na categoría: Saransk |