Para o artigo do Premio Nobel de Literatura portugués véxase: José Saramago.

O saramago, sarmago, ravo bravo ou labestro é unha especie de planta con flor pertencente á familia Brassicaceae.

Flores, froitos e raíz.
Folla de saramago.

Ás veces é reivindicado como o antepasado do Ravo comestíbel, o Raphanus sativa. Algúns autores sosteñen ser nativo de Asia, mentres outros din que é orixinario do Mediterráneo. É considerada planta nativa, non invasora, na Península Ibérica.

Foi introducido en case que todas as partes do mundo, sendo nalgunhas delas considerada unha especie invasiva daniña, como en Australia. Espállase rapidamente e ás veces pode ser vista nas beiras das estradas ou en lugares onde a terra foi removida.

O saramago medra como planta anual ou bianual, con fermosas flores de catro pétalos de 15–20 mm de cruz e de cor variábel entre púrpura, alaranxada, amarela ou branca, a miúdo escurecéndose ao longo do mesmo pétalo. Ten unha raíz simple que é similar á do ravo cultivado, porén menos dilatada.

É unha fonte importante de pole e néctar para unha variedade de polinizadores, especialmente as abellas. Pode ser confundido coa mostardeira ou coa mostardeira brava, outras plantas da familia das Brassicaceae.

Véxase tamén editar

Outros artigos editar

  • Ravo (Raphanus sativa)

Ligazóns externas editar