Sarah Parker Remond

Sarah Parker Remond, nada en Salem, Massachusetts, o 6 de xuño de 1815 e finada en Florencia o 13 de decembro de 1894, foi unha médica, conferenciante estadounidense, abolicionista e membro da Sociedade Antiesclavista Estadounidense. Realizou o seu primeiro discurso contra a escravitude cando tiña dezaseis anos. Viaxou a Inglaterra para reunir apoio para a causa abolicionista nos Estados Unidos e, despois do comezo da guerra civil estadounidense, para o apoio do exército da Unión e o bloqueo da Unión da Confederación.

Sarah Parker Remond
Sarah Parker Remond.jpg
Nacemento6 de xuño de 1824
 Salem
Falecemento13 de decembro de 1894
 Florencia
SoterradaCemiterio protestante
NacionalidadeEstados Unidos de América
EtniaAfroamericano
Alma máterBedford College e Universidade de Londres
Ocupaciónmédica, autobiógrafa, abolicionista e sufraxista
IrmánsCharles Lenox Remond e Caroline Remond Putnam
editar datos en Wikidata ]

De Inglaterra foi a Italia en 1866, onde estudou medicina. Exerceu a carreira durante case 20 anos en Florencia, casou alí e nunca volveu aos Estados Unidos.

TraxectoriaEditar

MocidadeEditar

Foi unha dos oito fillos de John Remond e Nancy Lenox. A súa nai Nancy naceu en Newton, filla dun veterano da Guerra Revolucionaria; o pai de Sarah, John Remond, era un afrodescendente que foi traído en 1798 a Massachusetts desde a illa holandesa de Curaçao á idade de dez anos. En Salem, os Remond construíron un exitoso negocio de comidas, abastecemento e barbaría. Prosperaron e valoraron a educación, alentando as ambicións dos seus fillos. Sufriron o racismo e os nenos asistiron a unha escola segregada. Remond era maioritariamente autodidacta, aprendeu asistindo a conferencias, lendo moitos libros, folletos e xornais prestados de amigos ou adquiridos da sociedade antiesclavista da súa comunidade, que vendía moitos títulos a un prezo barato.[1] A familia Remond tamén recibiu a estudantes que estaban a estudar na academia local de mozas, incluíndo a Charlotte Forten Grimké.

A familia era comerciante. As súas tres irmás: Cecilia Remond, Maritchie Juan Remond, e Caroline Remond Putnam,[2] «posuían o salón de moda de cabelo para señoras» en Salem, así como a maior fábrica de perrucas do estado.[3] Tamén tiña unha irmá Nancy, a maior e esposa de James Shearman, un distribuidor de ostras. Os seus irmáns eran Carlos, abolicionista; e John Remond, quen casou con Ruth Rice.[2]

ActivismoEditar

A súa familia e os seus achegados incluían a moitos activistas da época. A casa dos Remond foi un refuxio tanto para abolicionistas brancos coma negros. Sarah asistiu regularmente a conferencias antiescravistas en Salem e Boston. Xunto co ensino de deberes domésticos de cociñar e coser, a súa nai ensinou ás súas fillas a buscar a liberdade legalmente. Criounos para participar na sociedade.

Salem na década de 1840 foi un centro de actividade antiescravista. Toda a familia estaba comprometida co movemento abolicionista. Recibiron a moitos dos líderes do movemento, incluíndo William Lloyd Garrison e Wendell Phillips, e a máis dun escravo fuxitivo que fuxía ao norte. O seu pai era membro vitalicio da Sociedade Antiescravista de Massachusetts. O seu irmán maior Charles Lenox Remond era o primeiro conferenciante negro da Sociedade Antiescravista Estadounidense e un destacado abolicionista negro. Xunto coa súa nai e as súas irmás, Sarah foi membro activo das sociedades antiescravitude do estado e do condado.

En 1853, comprou unha entrada para a ópera Don Pasquale, no Howard Athenaeum en Boston e cando se negou a aceptar asentos para negros, viuse obrigada a abandonar o teatro e foi empuxada polas escaleiras.[2] Sarah demandou por danos e perdas e gañou o caso. Concedéronlle 500 dólares e o recoñecemento de que foi agredida.

As irmás de Remond entraron no negocio dos seus pais, converténdose en provedoras de comida, panadeiras e perruqueiras, pero ela elixiu un camiño diferente. Co apoio financeiro da súa familia, converteuse en profesora antiescravista. Abby Kelley Foster, unha destacada abolicionista en Massachusetts, animou a Remond cando viaxaron xuntas en 1857.[4]

Conferenciante contra a escravitudeEditar

En 1856, a Sociedade Antiescravista Estadounidense contratou a un equipo de profesores, entre eles Sarah, o seu irmán Charles, xa coñecido nos Estados Unidos e Gran Bretaña; e Susan B. Anthony, para percorrer o estado de Nova York tratando temas de antiescravitude. Durante os dous anos seguintes, ela, o seu irmán e outros falaron en Massachusetts, Ohio, Michigan e Pennsylvania. A ela e outros afroamericanos a miúdo dábaselles mal aloxamento debido á súa raza.

Aínda que era inexperta, Sarah converteuse rapidamente nun orador eficaz. William Lloyd Garrison eloxiou a súa «maneira tranquila, digna, o seu aspecto gañador e os seus chamamentos serios á conciencia e ao corazón.»[5] Co tempo, converteuse nunha das máis convincentes e poderosas conferenciantes da Sociedade Antiescravista Estadounidense.

Como boa oradora e recadadora de fondos, Sarah foi convidada a levar a mensaxe antiescravitude a Gran Bretaña, como o fixo o seu irmán Charles había dez anos. Acompañada por Samuel May, Jr., partiu de Boston para Liverpool o 28 de decembro de 1858, no vapor Arahia. Chegaron a Liverpool o 12 de xaneiro de 1859, despois dunha espantosa viaxe no inverno. O barco cubriuse de xeo e neve e moitos dos pasaxeiros estaban enfermos, incluíndo a Remond.

Antes da viaxe, díxolle a Abby Kelly Foster, que non temía «o vento nin as ondas, pero sei que non importa como vaia, o espírito de prexuízo atoparame». Pero, atopouse coa aceptación en Gran Bretaña. «Fun recibida aquí como unha irmá polas mulleres brancas por primeira vez na miña vida», escribiu, «recibín unha simpatía que nunca se me ofreceu antes.» Falou en contra da escravitude e a discriminación racial, facendo fincapé na explotación sexual das mulleres negras sometidas á escravitude. No Instituto Tuckerman, o 21 de xaneiro de 1859, deu a súa primeira conferencia antiescravista, sen notas, falou con elocuencia do trato inhumano dos escravos nos Estados Unidos e as súas historias sorprenderon a moitos dos seus oíntes. Tamén describiu os problemas que sofren os negros libres en todo Estados Unidos. Durante a súa xira por Irlanda, centrouse en comparar a difícil situación do escravo africano cos obreiros da clase obreira na súa audiencia, preocupando aos seus patrocinadores británicos de clase media e elite.[6] Na súa breve autobiografía, escrita en 1861, escribiu que «o prexuízo contra a cor sempre foi a única cousa, sobre todas as demais, que lanzou a súa sombra xigantesca sobre toda a miña vida».[7]

Deu conferencias a multitudes en cidades das illas británicas, recadando grandes sumas de diñeiro para a causa antiescravista. Unha vez que comezou a guerra civil nos Estados Unidos, traballou para conseguir o apoio en Gran Bretaña para o bloqueo da Unión da Confederación (que afectou á navegación británica) e a causa da Unión. Debido a que as fábricas téxtiles británicas dependían en gran medida do algodón americano cultivado por escravos, Sarah centrouse particularmente nisto nas súas conferencias. Nun discurso pronunciado en 1862, implorou á súa audiencia londiniense que «non aceptase a diplomacia aos estadistas, nin a intimidación de escravistas, nin a escaseza de algodón, nin temese ás insurreccións de escravos, senón que mantivese a súa posición de amigo dos oprimidos negros.»[8] Ao final da guerra e coa emancipación dos escravos, deu conferencias en nome dos libertos, solicitando fondos e roupa para os ex escravos. Foi membro activo da London Emancipation Society e da Freedman's Aid Association en Londres. Unha conferencia que pronunciou en Londres, O home libre ou o negro emancipado dos Estados do Sur dos Estados Unidos, foi publicada en The Freedman (Londres) en 1867.

Educación e anos posterioresEditar

Durante os seus anos en Gran Bretaña, tamén realizou extensos estudos no Bedford College for Women (parte posterior da Universidade de Londres e posteriormente fusionado co Royal Holloway). Estudou temas clásicos: francés, latín, literatura inglesa, música, historia e oratoria.[9] Neste período, tamén viaxou a Roma e Florencia.

En 1866 á idade de 42 anos, trasladouse permanentemente a Florencia, onde ingresou no Hospital de Santa Maria Nuova como estudante de medicina. Despois de terminar os seus estudos e converterse en médica, quedou en Florencia.[4] Practicou a medicina por máis de 20 anos, e nunca regresou aos Estados Unidos. Dúas das súas irmás fóronse a vivir con ela.

En Italia, casou co pintor de Sardeña Lazzaro Pintor Cabras (1833-1913) o 25 de abril de 1877.[10] Morreu o 13 de decembro de 1894 en Florencia e está soterrada no Cemiterio Protestante de Roma.[11]

NotasEditar

  1. Darlene Clark Hine; Elsa Barkley Brown; Rosalyn Terborg-Penn (1993). "Sarah Parker Remond (1826-1894)". Black Women in America: An Historical Encyclopedia. vol II M-Z. Indianápolis: Indiana University Press. ISBN 0-926019-61-9. Arquivado dende o orixinal o 20 de xullo de 2008. Consultado o 20 de febreiro de 2018. 
  2. 2,0 2,1 2,2 Grimké, Charlotte Forten (1988). "People in the Journals". En Stevenson, Brenda E. The Journals of Charlotte Forten Grimké. Nova York: Oxford University Press. pp. xli–xlix. ISBN 0-19-505238-2. 
  3. Rooks, Noliwe M. (1996). Hair Raising: Beauty, Culture and African-American Women. Rutgers University Press. p. 24. 
  4. 4,0 4,1 Dorothy Sterling, Ahead of Her Time: Abby Kelley and the Politics of Antislavery, W. W. Norton & Company, 1994, p. 276.
  5. Sterling, Dorothy, ed. (1984). We are Your Sisters: Black Women in the Nineteenth Century. W.W. Norton & Company. p. 176. Consultado o 7 de decembro de 2016. 
  6. Zackodnick, Teresa (2011). Press, Platform, Pulpit: Black Feminist Publics in the Era of Reform. Knoxville: University of Tennessee Press. p. 66. 
  7. Miller Sr., Connie A. (2008). Frederick Douglass American Hero: and International Icon of The Nineteenth Century. Xlibris. p. 343. Consultado o 7 de decembro de 2016. 
  8. Foner, Philip S.; Branham, Robert James, eds. (1998). Lift Every Voice: African American Oratory, 1787–1900. Tuscaloosa: University of Alabama Press. ISBN 978-0817308483. 
  9. James, Edward T.; James, Janet Wilson, eds. (1971). Notable American Women: A Biographical Dictionary: 1607–1950 3. Harvard University Press. 
  10. "Lazaro Pintor Cabras pittore" (en italiano). Consultado o 7 de decembro de 2016. 
  11. "Notable Graves of the Non-Catholic Cemetery". The Non-Catholic Cemetery in Rome. Consultado o 7 de decembro de 2016. 

Véxase taménEditar

BibliografíaEditar

  • Salenius, Sirpa (2016). An Abolitionist Abroad: Sarah Parker Remond in Cosmopolitan Europe. University of Massachusetts Press. 

Ligazóns externasEditar