Sarah Lucas

artista británica

Sarah Lucas, nada en 1962 en Londres, é unha artista que tivo recoñecemento no grupo dos Xoves Artistas Británicos (Young British Artist, en inglés) na década dos 90s.

Infotaula de personaSarah Lucas
Biografía
Nacemento23 de outubro de 1962 Editar o valor em Wikidata (61 anos)
Holloway, Reino Unido (en) Traducir Editar o valor em Wikidata
Datos persoais
ResidenciaChapel House (en) Traducir Editar o valor em Wikidata
País de nacionalidadeReino Unido Editar o valor em Wikidata
EducaciónGoldsmiths, University of London (en) Traducir Editar o valor em Wikidata
Actividade
Campo de traballoEscultura Editar o valor em Wikidata
Lugar de traballo Londres Editar o valor em Wikidata
Ocupaciónartista visual , artista de instalacións , escultora , fotógrafa , artista de performance Editar o valor em Wikidata
Período de actividade1982 Editar o valor em Wikidata - 2011 Editar o valor em Wikidata
Membro de
Xénero artísticoAutorretrato, Instalación e ready-made (pt) Traducir Editar o valor em Wikidata
MovementoAbject art (en) Traducir e Arte contemporánea Editar o valor em Wikidata
LinguaLingua inglesa Editar o valor em Wikidata
RepresentanteGladstone Gallery (en) Traducir Editar o valor em Wikidata

Traxectoria editar

A súa obra é coñecida polo seu agudo enxeño e o uso dos elementos ready-made. Estudou no London College of Painting antes de ingresar ao Goldsmiths College, onde acudiu no período 1984-1987. Alí tivo unha relación con Damien Hirst e posteriormente con Gary Hume. A súa obra temperá consistiu en instalacións de esculturas, co que formou parte da exhibición Freeze.

En entrevistas admitiu que logo de Freeze a súa carreira perdeu visibilidade por uns anos e foi coñecida principalmente como a moza de Gary Hume. En 1990, logo de vivir varios anos con el en Nova York, se separaron e Lucas retornou a Londres, onde comezou unha longa relación con Angus Fairhurst.

O éxito veu en 1991 cando expuxo a súa obra en solitario no City Racing. Consistiu esta en collages feitos con portadas de xornais británicos. As dramáticas pezas, con grande énfase no sexo, a deformidade, a violencia e o sensacionalismo tipificaron moitos dos elementos asociados co YBAs. Charles Saatchi comprou o set completo e o exhibiu na Saatchi Gallery, en Londres, no ano seguinte. Lucas usou os cartos procedentes da venda para financiar The Shop, un proxecto executado coa súa amiga Tracey Emin, coñecido como The Birds en 1993. Moitas das obras de Lucas dese período foron parodias sutís do traballo de contemporáneos seus máis famosos.

Fóra das contribucións que realizou ás exhibicións Brilliant, en 1995, e Sensation, en 1997, Lucas non exhibiu en solitario ata 1998, cando Sadie Coles lle organizou unha exposición nun edificio bacío en Clerkenwell. No ano 2000 foille encargada a instalación dunha serie de obras no museo Freud, o cal estivo acompañado dunha exhibición na galería Sadie Coles. Os traballos alí presentados eran formas feminoides inspiradas por Louise Bourgeois. A exposición de Lucas en 2006 realizada no museo Tate Liverpool foi considerada por Jonathan Jones en The Guardian como mediocre.