Sarabela Teatro

(Redirección desde «Sarabela»)

Sarabela Teatro é unha compañía teatral fundada en 1980 por Ánxeles Cuña. Entre os seus integrantes ao longo do tempo estiveron, ademais da propia directora, Elena Seijo, Sabela Gago, Fernando Dacosta, Fina Calleja, Suso Díaz Seoane, Tito Asorey e Nate Borrajo.

Historia da compañía editar

Aínda que comezou a facer traballos como grupo un par de anos antes, en 1980 constitúese como asociación teatral de carácter independente, e a partir de 1990 como empresa profesional. É a compañía privada que acadou máis premios María Casares da historia, e os seus espectáculos representáronse ademais de en Galicia, en España e outros países.

Como grupo de creación colectiva, ten tamén publicados os textos correspondentes a Tics, Os soños de Caín, a adaptación do Romance de Micomicón e Adhelala e A gata con botas, ademais do libro Sarabela Teatro 25 anos. A compañía tamén realiza actividade docente, traballos de animación á lectura, e participa da organización da MITEU (Mostra Internacional de Teatro Universitario de Ourense), da MOTI (Mostra de Teatro Infantil) e do FITO (Festival Internacional de Teatro de Ourense).

Montaxes editar

Listaxe das montaxes de Sarabela de maneira cronolóxica inversa.

Ano Obra Autoría Dirección Comentarios
2023 Made in Galiza Sechu Sende Fina Calleja Estreada en Ourense
2021 Morgana en Esmelle Begoña Caamaño Ánxeles Cuña Estreada en Ourense
2020 A lingua das bolboretas Manuel Rivas[1] Gonçalo Guerreiro Estreada en Ourense
Premio María Casares ó mellor espectáculo
2020 Proxecto Noé Fina Calleja Fina Calleja Estreada en Ourense
2019 Crónicas do paraíso Fernando Dacosta[2] Gonçalo Guerreiro Estreada en Ourense
2018 Celebración. A gran noite Fernando Dacosta[3] Daniel Salgado Estreada en Ourense
2017 O rei morre Eugène Ionesco Ana Vallés Estreada en Ourense
2016 O secuestro da bibliotecaria Fina Calleja[4] Fina Calleja Estreada en Barbadás
2016 Normas para saber vivir na sociedade actual Jean-Luc Lagarce Ánxeles Cuña Estreada en Ourense
2015 Ensaio sobre a cegueira José Saramago Ánxeles Cuña Estreada en Ourense
Premio María Casares á mellor maquillaxe
2014 Pequena certezas Bárbara Colio Ánxeles Cuña Estreada en Ourense
2014 O último dragón Fina Calleja Fina Calleja Estreada e Celanova
2013 A idade da pavía Arístides Vargas (adaptación) Ánxeles Cuña Estreada en Ourense
2012 A voar David Almond (adaptación) Fina Calleja Estreada no Carballiño
2012 Viaxe a ningunha parte Fernando Fernán Gómez (adaptación) Ánxeles Cuña Estreada en Ourense
2011 Tango Slawomir Mrózek Ánxeles Cuña Estreada en Ourense
2010 O incerto señor Don Hamlet Álvaro Cunqueiro Ánxeles Cuña Estreada en Ourense.
Premio María Casares á mellor iluminación.
2010 Konrad Cristine Nösterling (adaptación) Ánxeles Cuña Estreada no Barco.
2009 A esmorga Eduardo Blanco Amor Ánxeles Cuña Estreada en Ourense.
Premio María Casares ó mellor espectáculo
Premio María Casares ó mellor actor secundario
Premio María Casares á mellor iluminación
Premio María Casares á mellor escenografía
María Casares ó mellor texto adaptado ou traducido.
2008 Cósima Cris Baldwin Ánxeles Cuña Estreada en Ourense.
2008 Dáme veleno, eu tamén soñar Ánxeles Cuña Ánxeles Cuña Estreada en Ourense.
2007 Margar no pazo do tempo Ánxeles Cuña Ánxeles Cuña Estreada en Ourense.
2007 Cristovo e o libro das marabillas Fina Calleja Fina Calleja Estreada en Narón.
2006 Macbeth William Shakespeare Helena Pimenta Estreada en Ourense.
Premio María Casares á mellor maquillaxe
2005 O heroe Manuel Rivas Ánxeles Cuña Estreada en Ourense.
Premio María Casares ao mellor vestiario
Premio María Casares á mellor escenografía
2004 A gata con botas Charles Perrault (adaptación) Ánxeles Cuña Estreada en San Sadurniño.
2004 Caricias Sergi Belbel Ánxeles Cuña Estreada en Ourense.
2003 Así que pasen cinco anos Federico García Lorca Ánxeles Cuña Estreada en Ourense.
Premio María Casares ó mellor espectáculo
Premio María Casares á mellor dirección
Premio María Casares ó mellor actor secundario
Premio María Casares ó mellor vestiario
Premio María Casares á mellor escenografía
Premio María Casares á mellor maquillaxe
2002 A conxura dos necios John Kennedy Toole Ánxeles Cuña Estreada en Ourense.
Premio María Casares ó mellor actor secundario
Premio María Casares á mellor maquillaxe
2001 Sexismunda Pedro Calderón de la Barca (adaptación) Ánxeles Cuña Estreada en Ourense.[5]
Premio María Casares á mellor actriz protagonista
2001 A illa amarela Paloma Pedrero Ánxeles Cuña Estreada no Barco.
2000 O lapis do carpinteiro Manuel Rivas Ánxeles Cuña Estreada en Ourense.
Premio María Casares ó mellor espectáculo
Premio María Casares á mellor dirección
Premio María Casares ó mellor actor protagonista
Premio María Casares ó mellor vestiario
Premio María Casares á mellor escenografía
Premio María Casares á mellor maquillaxe
Premio María Casares á mellor iluminación
María Casares ó mellor texto adaptado ou traducido
1999 Os soños de Caín Ánxeles Cuña, Carlos Couceiro,
Begoña Muñoz e Fernando Dacosta
Ánxeles Cuña Estreada en Ourense.
1999 Romance de Micomicón e Adelhala Eduardo Blanco Amor (adaptación) Ánxeles Cuña Estreada en Culleredo.
Premio Celestina de la Crítica (Madrid).
1998 Tics Ánxeles Cuña, Carlos Couceiro,
Begoña Muñoz e Fernando Dacosta
Ánxeles Cuña Estreada no Barco.
Premio María Casares ó mellor actor protagonista
Premio María Casares ó mellor vestiario
Premio María Casares á mellor maquillaxe
Premio María Casares á mellor iluminación
1997 Afección Ánxeles Cuña, Carlos Couceiro,
Begoña Muñoz e Fernando Dacosta
Ánxeles Cuña Estreada en Ourense.
1996 A esmorga Eduardo Blanco Amor Ánxeles Cuña Estreada en Ourense.
Premio María Casares ó mellor actor secundario
1994 Cama (2 X 2 para 2) Sergi Belbel Ánxeles Cuña Estreada en Ourense. 3 premios Compostela.
1993 Xacobe e o seu amo Milan Kundera Ánxeles Cuña Estreada en Ribadavia. Un premio Compostela.
1992 As sillas Eugène Ionesco Ánxeles Cuña Estreada en Sargadelos. Un premio Compostela.
1990 Madame de Sade Yukio Mishima Ánxeles Cuña Estreada en Santiago de Compostela.
Un premio Compostela.
1989 Supertot Josep Maria Benet i Jornet Ánxeles Cuña
1988 Xacobe, ou a submisión Eugène Ionesco Ánxeles Cuña
1987 O sangue do tempo Ángel García Pintado Ánxeles Cuña
1986 A contrasicanálise ou malia todo quérote papá Helena Castro Ánxeles Cuña
1985 O triciclo Fernando Arrabal Ánxeles Cuña
1984 Hoxe de hoxe, de mil novecentos hoxe Antonio Robles Ánxeles Cuña
1983 A Tuta e a Ramona Llorenç Villalonga Ánxeles Cuña
1983 Os faladores Miguel de Cervantes Ánxeles Cuña
1982 Barriga verde Manuel María Ánxeles Cuña
1982 Poema nuclear Celso Emilio Ferreiro (adaptación) Ánxeles Cuña
1982 O relevo Gabriel Celaya Ánxeles Cuña
1981 Noite de hóspedes Peter Weiss Ánxeles Cuña
1980 Fando e Lis Fernando Arrabal Ánxeles Cuña
1979 Xaulas Creación colectiva Ánxeles Cuña
1979 Mimo creación colectiva Ánxeles Cuña

Premios e recoñecementos editar

Premios María Casares editar

Sarabela leva colleitado 36 premios María Casares.

Ademais, foi nomeada a distintas categorías destes premios noutras 42 ocasións (ata 2010). As obras máis nomeadas foron A conxura dos necios (11, das que obtivo 2), a montaxe d'A esmorga de 2009 (11, das que obtivo 5), Así que pasen cinco anos (10, das que obtivo 6), O heroe (10, dos que obtivo 2) e O lapis do carpinteiro (10, dos que obtivo 8).

Premios Compostela editar

Sarabela colleitou seis premios Compostela, galardóns máximos do teatro galego, e que cando desapareceron foron substituídos polos María Casares.

  • Tradución e adaptación: As sillas e Xacobe e o seu amo
  • Actor: Madame de Sade
  • Actor secundario: Cama (2x2 para 2).
  • Actriz secundaria: Cama (2x2 para 2).
  • Vestiario: Cama (2x2 para 2).

Foi ademais nomeada aos premios Compostela en seis ocasións máis, entre elas Cama (2x2 para 2) ao mellor espectáculo.

Outros galardóns editar

Notas editar

  1. Versión de Fernando Dacosta.
  2. A partir da obra As crónicas do sochantre de Álvaro Cunqueiro.
  3. A partir da obra Noce de Jean-Luc Lagarce.
  4. Baseada no conto de Margaret Mahy.
  5. Finalista dos Premios Max ao mellor espectáculo revelación.

Véxase tamén editar

Bibliografía editar

Ligazóns externas editar