Saqueo de Roma (410)
O saqueo de Roma ocorrreu o 24 de agosto de 410. A cidade foi atacada polos visigodos liderados polo rei Alarico. Daquela, Roma xa non era a capital do Imperio Romano de Occidente, sendo substituída nesa función por Mediolanum en 286 e por Rávena en 402. Porén, a cidade mantiña o seu status de "cidade eterna" e de centro espiritual do Imperio. O saqueo tivo un enorme impacto tanto para os aliados como para os inimigos do Imperio.
Saqueo de Roma | |||||||||
---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|
Parte de Caída do Imperio Romano de Occidente | |||||||||
O saqueo de Roma polos bárbaros en 410 por Joseph-Noël Sylvestre. | |||||||||
| |||||||||
Belixerantes | |||||||||
Imperio Romano de Occidente | Visigodos | ||||||||
Líderes | |||||||||
Flavio Honorio | Alarico I Ataúlfo | ||||||||
Forzas en combate | |||||||||
Descoñecidos | Posiblemente 40 000[1] | ||||||||
Baixas | |||||||||
Descoñecidas | Descoñecidas |
Esa foi a primeira vez en case 800 anos que Roma caía ante un inimigo estranxeiro. O anterior saqueo de Roma fora conseguido polos galos liderados por Breno en -390 ou -387/6. O saqueo de 410 é considerado como un fito na caída do Imperio Romano de Occidente. Xerome de Estridón, que vivía en Belén daquela, escribiu que "A cidade que tomara o mundo enteiro foi tomada."[2]
Notas
editar- ↑ Peter Heather, The Fall of the Roman Empire: A New History of Rome and the Barbarians (Oxford University Press, 2006), páxina 224.
- ↑ St Jerome, Letter CXXVII. To Principia, s:Nicene and Post-Nicene Fathers: Series II/Volume VI/The Letters of St. Jerome/Letter 127 paragraph 12.
Véxase tamén
editarWikimedia Commons ten máis contidos multimedia na categoría: Saqueo de Roma |
Bibliografía
editar- Michael Kulikowski, Rome's Gothic Wars: From the Third Century to Alaric, Cambridge University Press, 2007.