Universidade de Roma La Sapienza

institución de ensino superior localizada en Roma
(Redirección desde «Sapienza Università di Roma»)

A Universidade de Roma La Sapienza (en italiano: Università degli Studi di Roma La Sapienza) é unha institución de ensino superior localizada en Roma. É unha das máis antigas e maiores universidades do mundo en número de estudantes, tendo máis de 110 000.[2] Tamén é coñecida como Universidade de Roma I.

Universidade de Roma - La Sapienza
Sapienza – Università di Roma
Datos xerais
LocalizaciónRoma, Italia Italia
Fundación1303
Datos actuais
Alumnos112 564[1]
Datos de contacto
Páxina webhttps://www.uniroma1.it/en/
Facebook: SapienzaRoma Twitter: SapienzaRoma Instagram: sapienzaroma Dialnet: 2964196 Editar o valor em Wikidata
editar datos en Wikidata ]

Coñecida antigamente como Università degli Studi di Roma "La Sapienza", é unha das maiores universidades europeas[3] e unha das máis antigas do mundo, fundada en 1303. La Sapienza é unha das universidades máis prestixiosas de Italia e do mundo, e adoita aparecer no primeiro posto da clasificación nacional e do sur de Europa.[4] En 2018 foi considerada a primeira do mundo en estudos clásicos e de historia antiga.[5]

Historia editar

 
Palazzo della Sapienza, sede da universidade ata 1935
 
Novo campus da universidade, construído en 1935 por Marcello Piacentini, nunha imaxe de 1938

O século XIV había en Roma diversas institucións escolásticas, sen que calquera delas fose recoñecida oficialmente pola Igrexa e, ao mesmo tempo, fose externa á Igrexa. Por medio da bula In Supraemae Praeminentia Dignitatis do papa Bonifacio VIII, o 20 de abril de 1303 naceu a primeira universidade romana, a Studium Urbis. O financiamento chegou por unha nova taxa sobre o viño estranxeiro e por contribucións de nobres romanos. O diñeiro empregouse para comprar o palacio onde hoxe se atopa a igrexa de Santo Ivo, dentro do campus da universidade. Aínda que permanecese pechada durante o pontificado de Clemente VII, os papas seguintes fixeron retomar a actividade de ensino e investigación, promovendo o xurdimento de novas cátedras. No século XVII construíuse a nova sede, ordenada por Alexandre VII.

Tras sucesivas reformas, durante o período de transición dos Estados Pontificios ao reino de Italia puídose verificar unha progresiva laicización da universidade. En 1870, deixou finalmente de ser unha universidade pontificia e converteuse na universidade da capital de Italia. A Xunta Provisional do primeiro goberno (1870) enmarcou a universidade na nova lexislación nacional.

La Sapienza experimentou diversas crises, en especial coa primeira guerra mundial e co inicio do fascismo. Os docentes debían xurar lealdade ao Duce e os que o rexeitaron perderon a cátedra. A pesar de todas as crises, en 1935 inaugurouse a nova cidade universitaria, obra do arquitecto Marcello Piacentini.

Dende entón a Universidade de Roma La Sapienza foise reafirmando continuamente como de máis importante institución do sistema universitario italiano.

Notas editar

  1. "Anagrafe Nazionale Studenti". miur.it. 
  2. Università degli Studi di Roma "La Sapienza". "Chi siamo". Consultado o 12 de xuño de 2016. 
  3. "Chi siamo – Sapienza – Università di Roma". uniroma1.it. 
  4. "Sapienza University of Rome Ranking | CWUR 2017". Cwur.org. Consultado o 2019-10-18. 
  5. Martin, Will. "QS ranking of global universities by excellence in subjects - Business Insider". Businessinsider.fr. Consultado o 2019-10-18. 

Véxase tamén editar

Ligazóns externas editar