Santuario de Santa María de África
O Santuario de Santa María de África é un templo católico de Ceuta, consagrado á imaxe da Virxe de África, patroa da cidade autónoma.
Santuario de Santa María de África | |
---|---|
País | Imperio Portugués e España |
Coordenadas | 35°53′20″N 5°19′00″O / 35.888841, -5.316601Coordenadas: 35°53′20″N 5°19′00″O / 35.888841, -5.316601 |
Diocese | Diocese de Cádis e Ceuta |
Estilo | arquitectura barroca |
[ editar datos en Wikidata ] |
Historia editar
Tras o envío da imaxe da Virxe de África a Ceuta en 1421 por parte de Henrique o Navegante, constrúese un primeiro templo en honor da imaxe. O primitivo templo identificaríase, ao parecer, coa cabeceira do santuario actual, aínda que na súa fábrica non se advirte ningún vestixio da obra medieval.
O actual santuario ten unha morfoloxía barroca. As primeiras noticias sobre obras no edificio datan do ano 1676, cando hai que habilitar o santuario como sede provisional do cabido catedralicio ante o estado de ruína da primitiva igrexa catedral debido aos danos causados polo Sitio ao que nese momento era sometida a cidade. Durante a primeira metade do século XVIII realizouse un amplo proceso de obras, que debeu de darlle a este a fisionomía que presenta actualmente, polo menos no seu interior.
Ten unha planta rectangular con tres naves, máis ancha e alta a central, divididas en cinco tramos, ás que se pega cabeceira tripartita, composta á súa vez pola capela maior e dous colaterais, todas elas rectangulares. A esta cabeceira péganse a sancristía e outras dependencias do templo. No camarín do altar maior é onde se encontra a imaxe de Santa María de África, a talla aparece sentada con Xesucristo morto nos seus brazos e coroada cunha coroa imperial e ricos mantos bordados en ouro. Ten varios mantos de diferentes cores que se cambian segundo os tempos litúrxicos.
Véxase tamén editar
Ligazóns externas editar
Wikimedia Commons ten máis contidos multimedia na categoría: Santuario de Santa María de África |