Santolina melidensis

especie de planta

Santolina melidensis
Clasificación científica
Reino: Plantae
(sen clasif.) Angiospermae
(sen clasif.): Eudicots
Orde: Asterales
Familia: Asteraceae
Xénero: Santolina
Especie: S. melidensis
Nome binomial
Santolina melidensis
(Rodr.Oubiña & S.Ortiz) Rodr.Oubiña e S.Ortiz, 1998

Santolina melidensis é unha especie de arbusto perenne con flor do xénero Santolina, dentro da familia das Asteraceae, que é endémica nas bacías do río Ulla e o seu afluente o río Seco, nos límites entre os concellos de Santiso (provincia da Coruña) e Palas de Rei (provincia de Lugo). Non se coñecen outras poboacións.

Pode chegar a unha altura de 30 cm e as súas flores son amarelas case alaranxadas. Sobrevive en chans pouco fértiles, con alto contido de magnesio e elementos tóxicos.[1] Deriva da Santolina semidentata.[2]

Notas editar

  1. CARBAJAL VILLAVERDE, R.; SERRANO PÉREZ, M. "Santolina melidensis" (PDF). miteco.gob.es. Consultado o 31 de maio de 2021. 
  2. "Santolina melidensis (Rodr. Oubiña & S. Ortíz)". anavallasuiza.com. Consultado o 31 de maio de 2021. 

Véxase tamén editar

Outros artigos editar


 
 Este artigo sobre bioloxía é, polo de agora, só un bosquexo. Traballa nel para axudar a contribuír a que a Galipedia mellore e medre.
 Existen igualmente outros artigos relacionados con este tema nos que tamén podes contribuír.