Abrir o menú principal

Santiago Amor

político español
(Redirixido desde "Santiago V. Amor Barreiro")

Santiago Vicente Amor Barreiro,[1] nado o 3 de agosto de 1973 en Santiago de Compostela, é un político galego do PPdeG. Dende maio de 2011 ata xuño de 2015 foi alcalde electo do concello de Ames.

Santiago Amor
Nacemento3 de agosto de 1973
 Santiago de Compostela
NacionalidadeEspaña
Ocupaciónpolítico
editar datos en Wikidata ]


TraxectoriaEditar

Membro dunha familia coñecida de Santiago de Compostela, posuidora dunha inmobiliaria, vencellouse ao Partido Popular dende a súa mocidade. Foi vicepresidente do Consello da Xuventude de Galicia en representación de Novas Xeracións, tesoureiro do Obradoiro CAB e membro do comité executivo da Cámara de Comercio de Santiago de Compostela.

Residente na vila do Milladoiro, nas eleccións municipais de 2007 presentouse como candidato polo PPdeG á alcaldía de Ames, pero colleitou uns malos resultados, perdendo un concelleiro e deixando de ser a primeira forza amiense. Nas municipais de 2011 repetiu como candidato a alcalde e obtivo a maioría absoluta, co 45% dos votos. No ano 2015, gañou as eleccións (4 concelleiros) por so 8 votos ao PSdeG-PSOE, pero os votos de PSdeG-PSOE (4 concelleiros), Ames Novo (4 concelleiros), Contigo Pódese (3 concelleiros) e BNG (2 concelleiros) fixeron alcalde ao socialista José Miñones.


Predecesor:
Carlos Fernández Castro
  
Alcalde de Ames
 
2011 - 2015
Sucesor:
José Miñones Conde

ReferenciasEditar

Véxase taménEditar