Santiago Otero Pouso

Santiago Otero Pouso, coñecido como Pajares, finado o 21 de setembro de 1936, foi un sindicalista e político galego.

Santiago Otero Pouso
AlcumePajares
Nacementovalor descoñecido
Falecemento21 de setembro de 1936
NacionalidadeEspaña
Ocupaciónsindicalista e político
editar datos en Wikidata ]

Traxectoria editar

Emigrou a Arxentina en 1921. Traballou nos xacementos petrolíferos de Comodoro Rivadavia ata 1923 e despois foi axudante segundo da aduana de Río Gallegos. En 1932 regresou a Galicia. Na Illa de Arousa participou da actividade política da República e foi un dos que proclamaron a República Federal da Illa de Arousa, da que foi nomeado presidente.[1] Foi detido o 9 de outubro de 1934, o día 13 todos os detidos foron postos en liberdade acusados dun delito de sedición. Foron procesados e xulgados nun consello de guerra en marzo de 1935, que os absolveu. Tivo un enfrontamento cos armadores cos que traballaba, denunciounos e foron condenados a pagarlle 450 pesetas de indemnización. Co golpe de Estado do 18 de xullo de 1936 foi chamado ao cuartel dos gardas cívicos e ameazado de morte e obrigado a entregarlle aos armadores o oficio coa sentenza do preito. Na madrugada do 21 de setembro sacárono da casa e levárono ao cuartel onde o interrogaron; despois sacárono do cuartel, matárono e fondeárono. O 11 de outubro[2] apareceu un cadáver flotando na praia dos Testos; avisado o xefe da Guardia Cívica, Benito Figueiras, e acompañado de dous “cívicos”, colleron a barca dun pescador, atáronlle ao cadáver un poste de pedra máis grande e fondeárono de novo en mar aberto.

Vida persoal editar

Casou con Josefa Arís.

Notas editar

  1. El día que A Illa logró su independencia
  2. Outras fontes afirman que foi o día 6.

Véxase tamén editar

Bibliografía editar

Ligazóns externas editar