Santeri Siimes
Santeri Siimes (nado en 1981 en Helsinqui) é un compositor e organista finlandés.
Biografía | |
---|---|
Nacemento | 1981 ![]() Helsinqui, Finlandia ![]() |
Datos persoais | |
País de nacionalidade | Finlandia ![]() |
Actividade | |
Ocupación | compositor , organista ![]() |
Instrumento | Órgano ![]() |
Estudou o órgano e o piano na Academia Sibelius, na súa cidade natal, con Harri Viitanen, Meri Louhos e Carlos Juris entre os seus profesores, e afondou os seus estudos de órgano asistindo a unha master class de Naji Hakim en 1999. Malia o seu repertorio abarcar estilos moi variados, coma intérprete dedicouse sobre todo á música organística da escola francesa dos séculos XIX e XX.
Coma compositor, é autodidacta. A súa obra abrangue música de órgano (p.ex. doce sinfonías), de piano, de cámara, orquestral e mais vocal.
Ademais da súa carreira musical, Santeri Siimes é lingüista. Formouse en filoloxía románica na Universidade de Helsinqui e traballou coma profesor de varias linguas románicas. Dende 2003 ensina lingua e literatura galega na Facultade de Letras da Universidade de Helsinqui.