Santanyí
Santanyí é un concello das Baleares, sito na illa de Mallorca. A súa área ocupa 124,47 km², e a súa poboación en 2007 era de 11.720 habitantes. A capital do concello é a entidade do mesmo nome, que ten arredor de 3.000 habitantes.
Localización | |||||
---|---|---|---|---|---|
| |||||
Estado | España | ||||
Comunidade autónoma | Illas Baleares | ||||
Illa | Mallorca | ||||
Capital de | |||||
Capital | Santanyí | ||||
Poboación | |||||
Poboación | 12.480 (2023) (100,27 hab./km²) | ||||
Xeografía | |||||
Parte de | |||||
Superficie | 124,47 km² | ||||
Bañado por | Mar Mediterráneo | ||||
Altitude | 62 m | ||||
Comparte fronteira con | |||||
Santo padrón | André Apóstolo | ||||
Organización política | |||||
• Alcalde | Miguel Vidal Vidal (en) | ||||
Identificador descritivo | |||||
Código postal | 07650, 07659, 07660 e 07669 | ||||
Fuso horario | |||||
Código INE | 07057 | ||||
Sitio web | ajsantanyi.net |
Descrición
editarSantanyí é o concello mallorquino máis meridional da illa. Pertence á comarca do Migjorne limita cos municipios de Ses Salines, Campos e Felanitx. Ten numerosas calas, ás que hai unha afluencia turística notábel, como son Cala Figuera, Cala Santanyí, Cala Mondragó, Portopetro e máis Cala d'Or.
Poboacións
editarO concello agrupa once localidades: S'Alqueria Blanca (993 habs.), Cala d'Or (3.693 habs.), Cala Figuera (614 habs.), Calonge (831 habs.), La Costa (29 habs.), Es Llombards (541 habs), Portopetro (551 habs.), Santanyí (3.014 habs.), Cala Llombards (304 habs.), Cala Santanyí (487 habs) e máis Cap d'es Moro (115 habs.).