Santa Xusta de Moraña, Moraña

(Redirixido desde "Santa Xusta de Moraña")

Coordenadas: 42°35′10″N 08°34′19″O / 42.58611, -8.57194

Santa Xusta de Moraña é unha parroquia que se localiza no concello de Moraña. Segundo o padrón municipal de 2004 tiña 525 habitantes (286 mulleres e 239 homes), distribuídos en 10 entidades de poboación, o que supón unha diminución en relación ao ano 1999 cando tiña 573 habitantes. Segundo o IGE, no 2014 a súa poboación descendera ata os 477 habitantes, sendo 220 homes e 257 mulleres.

Santa Xusta de Moraña
SXMoraña.jpg
Igrexa parroquial.
ConcelloMoraña
Poboación477 hab. (2014)
Entidades de poboación10

Moraña na cultura popular galegaEditar

No santuario de Santa Xusta de Moraña acoden os que se cren vítimas do mal de ollo para botar fóra o meigallo. Bouza Brey [1] atribúe a iso a representación da Santa como muiñeira, cunha vasoira na man, coa que limpa o feitizo ou símbolo das mesmas bruxas causantes do mal. Este atributo queda reflictido así no cantigueiro popular:

Cantigueiro
  • Santa Xusta de Moraña/ foi tres anos muiñeira/ tiña a escoba de palma,/ trabadoiras de oliveira [1].
  • Santa Xusta de Moraña/ tres anos foi muiñeira/ tiña a basoira de palma/ e a escoba de oliveira [1].

Lugares e parroquiasEditar

Lugares de Santa Xusta de MorañaEditar

Lugares da parroquia de Santa Xusta de Moraña no concello de Moraña (Pontevedra)

Alende | A Bouza | As Casiñas | A Igrexa | O Lameiro | A Laxe | Longás | As Pontellas | Rial | As Teixugueiras

Parroquias de MorañaEditar

Galicia | Provincia de Pontevedra | Parroquias de Moraña

Amil (San Mamede) | Cosoirado (Santa María) | Gargantáns (San Martiño) | Lamas (Santa Cruz) | Laxe (San Martiño) | Rebón (San Pedro) | Saiáns (San Salvador) | San Lourenzo de Moraña (San Lourenzo) | Santa Xusta de Moraña (Santa Xusta)

NotasEditar

  1. 1,0 1,1 1,2 Fermín Bouza Brey, 184.

Véxase taménEditar

BibliografíaEditar

  • BOUZA BREY, Fermín: "Cantigas populares da Arousa", en Arquivos do Seminario de Estudos Galegos III, 1929, 153-204 [en facsímile II].

Outros artigosEditar