Santa María de Tebra, Tomiño

parroquia do concello de Tomiño

Santa María de Tebra é unha parroquia do concello de Tomiño na provincia de Pontevedra. No ano 2014 tiña 823 habitantes (401 homes e 422 mulleres) segundo o IGE.[1] Situada ó norte do concello de Tomiño, fai límite cos concellos de Gondomar e Tui. Pertence ó arciprestado da Guarda-Tebra, na diocese de Tui-Vigo.

Santa María de Tebra
Igrexa de Santa María de Tebra, Tomiño.jpg
Igrexa de Santa María de Tebra
ConcelloTomiño
Poboación823 hab. (2014)
Entidades de poboación9

PatrimonioEditar

Situados no monte Tetón atópanse uns petróglifos.

No lugar do Outeiro está situado o Castelo de Tebra.

Festas e RomaríasEditar

As festas parroquiais teñen lugar entre o 6 e o 8 de setembro, na honra de Santa María.

A festa na honra da virxe de Grixo ten lugar o terceiro domingo de agosto, celebrándose unha romaría a carón da capela de Grixo. Conta a lenda que ó lado desta capela apareceu a imaxe da Virxe, polo que esta foi construída. A virxe só está na capela ese día en concreto, e o resto do ano altérnanse entre a parroquia de Cristelos e Santa María de Tebra para gardala na súa respectiva igrexa. A romaría comeza pola mañá cando se oficia unha misa en cada igrexa e de cada parroquia sae unha procesión cara ao monte de Grixo. A xente pasa alí o día e a romería está amenizada por dous grupos, un para cada parroquia. Ó final do día a xente baixa nunha nova procesión e á Virxe lévana a parroquia a que lle corresponde ese ano.

Galería de imaxesEditar

Lugares e parroquiasEditar

Lugares de Santa María de TebraEditar

Lugares da parroquia de Tebra no concello de Tomiño (Pontevedra)

A Bandeira | O Carballal | Cimadevila | O Folón | A Igrexa | O Outeiro | A Pedreira | A Ponteciña | Samuelle

Parroquias de TomiñoEditar

Galicia | Provincia de Pontevedra | Parroquias de Tomiño

Amorín (San Xoán) | Barrantes (San Vicente) | Currás (San Martiño) | Estás (Santiago) | Figueiró (San Martiño e San Campio) | Forcadela (San Pedro) | Goián (San Cristovo) | Piñeiro (San Salvador) | Pinzás (Santa María) | San Salvador de Tebra (San Salvador) | Santa María de Tebra (Santa María) | Sobrada (San Salvador) | Taborda (San Miguel) | Tomiño (Santa María) | Vilameán (San Bieito)

Véxase taménEditar

Outros artigosEditar

  • IGE. "Nomenclátor de Galicia". Consultado o 23/8/2015.