Santa Bárbara Sistemas
Atención: Este artigo é demasiado curto e precisa dun traballo de ampliación. |
Santa Bárbara Sistemas é unha empresa española de armamento. Forma parte do Grupo Europeo de Sistemas Terrestres de General Dynamics.
Fábrica da Coruña
editar- Artigo principal: Fábrica de armas de Pedralonga.
A Fábrica de Armas de Santa Bárbara na Coruña iniciouse en xullo de 1937 por iniciativa do bando nacional. Primeiramente tivo varias localizacións pola cidade. Chegou a ter 1200 traballadores. En 1941 instalouse en Pedralonga onde se inauguraría en 1958, a localización que tivo ata o seu peche. Nos anos 1960 diversificou a produción fabricando pezas mecánicas para Citroën, Enasa, Motransa e Seat. Tamén traballou para a fábrica de máquinas de coser Refrey. Fabricou o fusil Máuser e o de asalto Cetme. En 1987-1988 pasou a ser o único subministrador de armamento lixeiro para o Exército español. En 1992 tiña 302 traballadores.[1]
A finais da década de 1990 comeza a traballar na produción do novo fusil para o Exército español, o Heckler & Koch G36, calibre 5,56 milímetros. En 2001 a empresa estatal privatizouse, coa venda a General Dynamics. Posteriormente pasaría a Hércules de Armamento ata o seu peche definitivo.
Notas
editar- ↑ "De Santa Bárbara a Hércules de Armamento", El Ideal Gallego, 3 de outubro de 2015 (en castelán).