Sant Benet de Bages

Sant Benet de Bages é un antigo mosteiro bieito de estilo románico situado no concello de Sant Fruitós de Bages en Cataluña.

Planta de Sant Benet

Historia editar

O mosteiro aséntase sobre un terreo adquirido en 950 polo matrimonio nobre Sala e Ricarda coa intención de edificar un mosteiro de uso particular que xa tiña monxes no ano 960 e que estaba baixo a dependencia directa de Roma. A igrexa consagrouse no ano 972. Unha incursión musulmá descruíu o mosteiro no ano 1002 e tivo que ser reedificado. A pesar da fama que logrou o mosteiro ao longo do século XI no ano 1074 pasou a depender do mosteiro de Sant-Ponç de Tomièiras deica o 1108 recuperou a súa independencia. Tras un segundo ataque musulmán en 1125 a igrexa que quedara totalmente destruída foi reconstruída inspirándose no estilo lombardo. En 1835 os monxes abandonan o mosteiro como consecuencia da lei de desamortización de Mendizábal, posteriormente o mosteiro converteuse nunha fábrica e residencia particular.

Características editar

A igrexa consta dunha única nave e tres ábsidas, sobre unha cripta e cun campanario enriba da bóveda do cruceiro. A nave é de 7.5 metros de largo por 30 de longo e está cuberta cunha volta de canón de 12.5 metros de alto, apoiada sobre arcos. Ten dúas portas, por unha delas accédese ao claustro, que se sitúa na zona sur da igrexa e conserva as catro galerías orixinais, contén un total de 64 capiteis situados ao longo das galerías e agrupados por pares, a maioría está decorado con motivos ornamentais, predominando os vexetais e animais.