Sangeeta N. Bhatia

bioenxeñeira americana

Sangeeta N. Bhatia, nada o 24 de xuño de 1968, é unha bioenxeñeira indioamericana e profesora do Instituto Tecnolóxico de Massachusetts (MIT) en Cambridge, Massachusetts (Estados Unidos).

Sangeeta N. Bhatia
Sangeeta N. Bhatia-Heritage-Day-2019-115.jpg
Nacemento1968
NacionalidadeEstados Unidos de América
Alma máterFacultade de Medicina Harvard, Universidade Brown e Instituto de Tecnoloxía de Massachusetts
Ocupaciónenxeñeira
PremiosPrêmio Lemelson–MIT, Heinz Award, Medalha de Ouro Othmer e Packard Fellowship for Science and Engineering
Na rede
TED: sangeeta_bhatia Editar o valor em Wikidata
editar datos en Wikidata ]

En 2003, foi listada no MIT Technology Review como unha das 100 mellores innovadoras do mundo con menos de 35 anos.[1] O Scientist incluíuna como "Scientist to Watch" en 2006. Ingresou no Howard Hughes Medical Institute en 2008. [2] [3]

Bhatia foi coautora do primeiro libro de texto sobre enxeñería de tecidos e editou dous libros sobre o campo: Microdevices in Biology and Medicine e Biosensing .

TraxectoriaEditar

Os pais de Bhatia emigraron da India a Boston . O seu pai era enxeñeiro e a súa nai foi unha das primeiras mulleres da India en obter un MBA . A súa motivación para estudar enxeñaría remóntase a cando estudou Bioloxía en 10º curso e unha viaxe que fixo aos 16 anos co seu pai a un laboratorio do MIT [4] para ver a demostración dunha máquina de ultrasóns para tratamentos contra o cancro . [5]

Estudou bioenxeñaría na Universidade de Brown, onde se uniu a un grupo de investigación que estudaba órganos artificiais, confirmando a súa intención de cursar unha licenciatura na materia. [6] Despois de graduarse con honores en 1990, Bhatia traballou durante un ano en ICI Pharmaceuticals en Wilmington, desenvolvendo medicamentos. Non satisfeita con esta tarefa, decidiu volver á universidade. [4]

Bhatia foi rexeitada inicialmente dos cursos de doutoramento da División de Ciencias e Tecnoloxía da Saúde (HST) de Harvard-MIT. Porén, puido matricularse no máster en Enxeñaría Mecánica. [7] Posteriormente foi aceptada no programa de doutoramento HST, onde baixo a tutela de Mehmet Toner e Martin Yarmush se doutoraría en 1997 e 1999, completando a súa formación posdoutoral no Hospital Xeral de Massachusetts .

Bhatia uniuse á facultade da Universidade de California, San Diego (UCSD) en 1999, chegando ao posto de profesor asociado. Mentres estaba na UCSD, recibiu unha bolsa Packard e foi nomeada "Profesora do Ano" en 2001 no Departamento de Bioenxeñería da Jacobs School of Engineering . En 2005, deixou a UCSD e trasladouse ao MIT, dentro da División de Ciencias e Tecnoloxía da Saúde, e do Departamento de Informática e Enxeñaría Eléctrica. A Brown University School of Engineering entregoulle a medalla BEAM (Brown Engineering Alumni Medal) en 2011.

Bhatia dirixiu o Multiscalar Regenerative Technologies Laboratory e está afiliada ao Brigham and Women's Hospital e ao David H. Koch Institute for Integrative Cancer Research . [8]

InvestigaciónEditar

A investigación de Bhatia no Laboratorio de Tecnoloxías Rexenerativas Multiescalares céntrase nas aplicacións da micro e nanotecnoloxía na reparación e rexeneración de tecidos.

En concreto, estuda as interaccións entre os hepatocitos (células hepáticas) e o seu microambiente, e desenvolve ferramentas de microfabricación para mellorar as terapias celulares en enfermidades hepáticas (enxeñaría de tecidos hepáticos). O seu obxectivo é maximizar as funcións dos hepatocitos, facilitar o deseño de terapias celulares eficaces para as enfermidades hepáticas e mellorar a comprensión dos fundamentos da fisioloxía e fisiopatoloxía do fígado.

NotasEditar

  1. Review, MIT Technology. "Innovator Under 35: Sangeeta Bhatia, 35". Consultado o 21 de marzo de 2017. 
  2. Nadis, Steve. "Sangeeta Bhatia Looks at Life's Architecture". The Scientist. Consultado o 12 de setembro de 2009. 
  3. "2008 HHMI Investigators". Howard Hughes Medical Institute. Arquivado dende o orixinal o 27 de febrero de 2009. Consultado o 12 de setembro de 2009. 
  4. 4,0 4,1 "The Organist | The Scientist Magazine®". Consultado o 21 de marzo de 2017. 
  5. "The Many Sides of Sangeeta Bhatia". NOVA, Public Broadcasting Service. Consultado o 12 de setembro de 2009. 
  6. "HHMI Investigators: Sangeeta N. Bhatia, M.D., Ph.D.". Howard Hughes Medical Institute. Consultado o 12 de setembro de 2009. 
  7. "People: Sangeeta N. Bhatia". Harvard-MIT Health Science & Technology. Arquivado dende o orixinal o 19 de setembro de 2008. Consultado o 12 de setembro de 2009. 
  8. "Faculty: Sangeeta N. Bhatia". Koch Institute for Integrative Cancer Research, Massachusetts Institute of Technology. Consultado o 12 de setembro de 2009.