Sandra Faber

Astrofísica

Sandra Moore Faber, nada en Boston (Estados Unidos) o 28 de decembro de 1944, é unha física e doutora en astronomía dedicada ao estudo da formación e evolución das galaxias, e da evolución da estrutura do universo. Ademais traballa como profesora Universitaria en Astronomía.[1][2] É coautora da relación Faber-Jackson.[3][4]

Infotaula de personaSandra Faber

(2013) Editar o valor em Wikidata
Biografía
Nacemento28 de decembro de 1944 Editar o valor em Wikidata (79 anos)
Boston, Estados Unidos de América Editar o valor em Wikidata
Datos persoais
ResidenciaNova York Editar o valor em Wikidata
País de nacionalidadeEstados Unidos de América Editar o valor em Wikidata
EducaciónUniversidade Harvard - Doutor en filosofía (–1972)
Swarthmore College (pt) Traducir - grao en Artes (–1966) Editar o valor em Wikidata
Director de teseVera Rubin Editar o valor em Wikidata
Actividade
Campo de traballoAstrofísica Editar o valor em Wikidata
Ocupaciónastrónoma , profesora universitaria , astrofísica Editar o valor em Wikidata
EmpregadorUniversidade de California
Instituto Carnegie (pt) Traducir Editar o valor em Wikidata
Membro de
Influencias
Obra
DoutorandoTod R. Lauer (en) Traducir Editar o valor em Wikidata
Premios

Traxectoria editar

Estudou a licenciatura en física na Universidade de Swarthmore e recibiu o seu grao en 1966, logo continuou a súa carreira cun doutoramento en astronomía por Harvard en 1972.[2][5] A partir dese ano comezou o seu traballo no Observatorio Lick da Universidade de California, en Santa Cruz (UCSC).[1] Dúas das súas grandes contribucións son a instalación do Observatorio Keck en Hawai, así como formar parte do equipo de deseño do Wide-Field Camera do telescopio espacial Hubble, e mesmo axudou a identificar un problema na lente do Hubble que puxo en risco o seu uso xa que as fotos saían con aberracións esféricas.[2][6][7] O seu traballo tivo grande influencia sobre a teoría do Big Bang. É recoñecida no seu campo polas súas achegas ao deseño e uso de grandes telescopios.[6]

A Relación Faber-Jackson, desenvolvida en colaboración con Robert Jackson no Observatorio Lick, relaciona o tamaño das galaxias elípticas coas velocidades orbitais internas das estrelas que as compoñen.[6] É unha lei do movemento das galaxias e proporcionou unha fórmula para determinar a distancia das galaxias.

En 1984 escribiu xunto a John Gallaher un artigo expoñendo que as galaxias estaban rodeadas de enormes nubes de materia sen luz, fría e invisible, denominada materia escura. Tiñan a hipótese de que as galaxias foran formadas a partir desta materia, o cal apoia o punto de vista de que o universo está constituído de materia quente formada por neutrinos.

Faber tamén formou parte do grupo de científicos (coñecidos como os sete samuráis) que identificou o "Gran Atractor", unha concentración de galaxias cuxa forza gravitacional afecta a unha zona de 100 millóns de anos luz, o cal parece contradicir o modelo expansionista do universo.

Entre os proxectos nos que participou, axudou a crear o proxecto CANDELS, que foi a mostra estatística máis grande que tomou o telescopio Hubble do universo.[1]

É a investigadora principal do proxecto DEIMOS (Deep-Imaging Multiobject Spectrograph).[2][8]

É membro do núcleo do proxecto DEEP (Deep Extragalactic Evolutionary Probe), un estudo a grande escala de galaxias de campo distantes e débiles utilizando os telescopios xemelos Keck e o telescopio espacial Hubble.[2][9]

Actualmente dedica o seu tempo de traballo no Lick Observatory.[6]

Premios e recoñecementos editar

Na súa traxectoria recibiu numerosos premios e recoñecementos, entre eles:

  • Medalla Nacional de Ciencia.[1]
  • Franklin Institute's Bower Award.[10]
  • Prize for Achievement in Science.[10]
  • Russell Prize of the American Astronomical Society.[10]
  • Medalla Bruce da Sociedade Astronómica do Pacífico.[6][10]
  • 2016ː Medalla da Academia de Ciencia de California.[1]
  • 2016ː Doutoramento honorario pola Amherst College.[10]
  • 2017: Premio Gruber de Cosmoloxía[11]

Notas editar

  1. 1,0 1,1 1,2 1,3 1,4 "Astronomer Sandra Faber awarded California Academy of Sciences Fellows Medal" (en inglés). Consultado o 15 de marzo de 2017. 
  2. 2,0 2,1 2,2 2,3 2,4 "Professor Sandra M. Faber" (en inglés). Consultado o 8 de marzo de 2017. 
  3. "Sandra Faber: Decoder of galaxies" (en inglés). Consultado o 19 de marzo de 2017. 
  4. "Sandra M. Faber, astrónoma". Mujeres con ciencia (en castelán). 2016-12-28. Consultado o 2020-04-09. 
  5. "Sandra Faber CV" (PDF) (en inglés). Consultado o 8 de marzo de 2017. 
  6. 6,0 6,1 6,2 6,3 6,4 "Los Gatos and Saratoga: Sandra Faber has helped to build and use some of the world’s largest telescopes" (en inglés). Consultado o 17 de marzo de 2017. 
  7. "How the Hubble Telescope cheated death". nature.com (en inglés). Consultado o 19 de marzo de 2017. 
  8. "DEIMOS DEep Imaging Multi-Object Spectrograph" (en inglés). Consultado o 8 de marzo de 2017. 
  9. "DEEP Core Members" (en inglés). Consultado o 8 de marzo de 2017. 
  10. 10,0 10,1 10,2 10,3 10,4 "Astronomer Sandra Faber to receive honorary degree from Amherst College" (en inglés). Consultado o 16 de marzo de 2017. 
  11. Premio Gruber de Cosmología 2017

 Véxase tamén editar

Outros artigos editar

Ligazóns externas editar