San Lourenzo, Coruxo, Vigo
San Lourenzo é un lugar da parroquia de Coruxo no concello pontevedrés de Vigo, na comarca de Vigo.[1] Segundo o IGE,[2] en 2022 tiña 69 habitantes (28 homes e 41 mulleres).
San Lourenzo | |
---|---|
Parroquia | Coruxo |
Concello | Vigo |
Coordenadas | 42°11′33″N 8°46′13″O / 42.192475061423, -8.7701739954226 |
Poboación | 69 hab. (2022) |
[ editar datos en Wikidata ] |
Celebracións
editarNeste lugar celébranse as festas de San Lourenzo do 9 ao 11 de agosto, aínda que tradicionalmente só se celebraba a véspera (día 9) e o día grande (10).
Patrimonio
editarNo torreiro das festas atópase a ermida de San Lourenzo. Descoñécese a súa antigüidade aínda que probablemente fose construída antes do século XVIII, pois xa hai atestacións desa época co nome de Lugar de San Lourenzo. No muro do lateral esquerdo consérvase unha inscrición bastante ilexible enriba da fiestra.
O castro de San Lourenzo é un antigo poboado fortificado, do que se conservan un foxo e un forte desnivel a modo de protección.
O Penedo é un promontorio coroado cunha gran fraga con varios gravados e pozas, como o Pozo de San Lourenzo, que expertos[quen?] relacionan cun lugar de sacrificios precristiáns. Segundo esta teoría, deitaríase o corpo sobre a parte alta do penedo e o sangue correría por dúas canles escarvadas na rocha ata chegar ao pozo.[Cómpre referencia]
Lugares e parroquias
editarLugares de Coruxo
editarLugares da parroquia de Coruxo no concello de Vigo (Pontevedra) | |
---|---|
Abade | Os Bouzós | Breadouro | Burdés | A Calzada | O Carballal | A Carrasqueira | O Ceán | O Combro | Coruxo de Abaixo | O Cotarelo | Couto de Abaixo | Couto de Arriba | Fontela | Fragoselo | A Gándara | O Gato | A Igrexa | As Laxes | A Longra | A Luz | Melcas | Moláns | Muíños | A Parrocha | A Pedreira | As Quintas | O Río | Romeu | As Roteas | O Rozo | San Lourenzo | A Silveira | A Taberna | Tarrío | A Tintureira | Toralla | A Torre | O Vao | O Verdeal | Viñó |
Parroquias de Vigo
editarNotas
editar- ↑ Nomenclátor de Galicia. Busca directa (ed.). "Lugares da parroquia de Coruxo, Vigo". Consultado o 18 de maio de 2023.
- ↑ IGE (ed.). "IGE - Nomenclátor estatístico de Galicia" (en galego). Consultado o 26 de febreiro de 2023.