San Cristovo, San Cristovo de Lóuzara, Samos
lugar da parroquia de San Cristovo de Lóuzara, no concello de Samos
Para outras páxinas con títulos homónimos véxase: San Cristovo.
San Cristovo é unha aldea da parroquia de San Cristovo de Lóuzara, no concello de Samos, provincia de Lugo. No 2013 ten 5 casas habitadas.
San Cristovo | |
---|---|
![]() Primavera 2012 | |
Parroquia | San Cristovo de Lóuzara |
Concello | Samos |
Poboación | 18 hab. (2012) |
[ editar datos en Wikidata ] |
LocalizaciónEditar
Está situado na zona central do val do río Lóuzara, a 900 m de altitude. As aldeas máis próximas son Campos e Castrelo.
Patrimonio histórico e artísticoEditar
A igrexa parroquial ten tres naves. A nave central é máis alta e está separada por arcos de medio punto das laterais. Na entrada hai unha torre con tres corpos. O retablo maior é renacentista.
Festas e celebraciónsEditar
- Corpus Christi, a primeira fin de semana de xuño. A comezos da década de 1980 actuou nas festas o grupo musical galego Saraibas.
Galería de imaxesEditar
Lugares e parroquiasEditar
Lugares de San Cristovo de LóuzaraEditar
Lugares da parroquia de San Cristovo de Lóuzara no concello de Samos (Lugo) | |
---|---|
Airapadrón | Campos | Castrelo | Chaos | Chelo | Frexulfe | Lampazas | Outonín | Quintá | San Cristovo |