San Basilio de Palenque

Palenque de San Basilio ou San Basilio de Palenque é unha corrixidoría do municipio de Mahates, departamento de Bolívar, Colombia; sito nas faldras dos Montes de María a 50 km da cidade de Cartaxena de Indias. Ten unha poboación de aproximadamente 3.500 persoas e limita cos municipios de Malagana, San Cayetano, San Pablo, Palenquito.

Estatua de Benkos Bioho en Palenque.
Festa Palenque.

Palenque foi fundado por escravos fuxidos principalmente de Cartaxena de Indias no século XV e liderados por Benkos Biohó; o seu illamento permitiulles manter a maioría das tradicións culturais africanas en Colombia (música, prácticas médicas, organización social, ritos fúnebres etc) e incluso desenvolveron unha lingua crioula, mestura do español con linguas africanas orixinarias, denominada palenquero. Debido ás súas características na súa historia, formación, cultura e lingua, no 2005 Palenque foi declarado pola Unesco como "Patrimonio Intanxible da Humanidade",

Está considerado o primeiro pobo libre de América trala chegada española.

Véxase tamén editar

Ligazóns externas editar