San (letra grega)

letra do alfabeto grego

A letra san (trazada Ϻ ; a minúscula ϻ é de nova creación, pois os antigos textos gregos estaban escritos en maiúsculas) é unha antiga letra do alfabeto grego. Non hai que confundila con mi, outra letra grega.

Maiúscula e minúscula da letra san.

Nome dunha antiga letra do alfabeto grego, non pertencente ao alfabeto clásico, que tiña o valor fonético de /s/, en concorrencia coa forma do sigma. Provén da letra do alfabeto fenicio şādē.

Probablemente a súa orixe estea nunha letra fenicia, chamada ṣādē, e nas primeiras versións do alfabeto situábase entre pi (Π en maiúscula) e qoppa (Ϙ en maiúscula). Non obstante, se os gregos adoptaron a letra, o son para o que estaba destinado, (un /s/ enfático), non lles era útil; en grego antigo, debía representar probablemente un son próximo a /s/.

Pode ser que san inspirase a letra sigma (Σ), que a foi substituíndo nos textos.

Véxase tamén editar

Bibliografía editar

Outros artigos editar