Samos (satélites artificiais)

Samos, acrónimo de Satellite and Missile Observation System e orixinalmente denominados como Sentry e Programa 101, foi unha familia de satélites de recoñecemento da Forza Aérea dos Estados Unidos de América lanzados a principios dos anos 1960.[1]

Lanzamento de Samos 10 a bordo dun Atlas Agena B.

Características editar

Os satélites Samos foron satélites de recoñecemento fotográfico que usaban o método de retorno da película fotográfica mediante unha cápsula que era recollida en terra. Tiveron unha alta taxa de fallas.[1]

Samos-E1 editar

Os Samos-E1 foron os dous primeiros satélites Samos lanzados, ambos mediante foguetes Atlas LV3 Agena A. O primeiro, lanzado o 11 de outubro de 1960, foi destruído durante o lanzamento polo fallo da segunda etapa do foguete. O segundo, lanzado o 31 de xaneiro de 1961, chegou a órbita e foi o primeiro satélite Samos operativo. Ambos satélites incluían a carga útil Samos F-1 para probar equipamento de espionaxe de sinais electromagnéticas.[2][3]

Samos-E2 editar

Só se intentou lanzar un satélite Samos-E2, o 9 de setembro de 1961, mediante un Atlas LV3 Agena B que explotou na rampla de lanzamento.[4]

Samos-E4 editar

Non se chegou a lanzar ningún satélite Samos-E4. Construíronse catro unidades, cada unha cunha cámara de 15,2 cm de distancia focal e unha lente f/5.6. A resolución das fotografías tería sido de 45 m, pero o programa cancelouse antes de ser lanzados.[5]

Samos-E5 editar

Lanzáronse tres Samos-E5, con dous chegando a órbita e outro fallando por un problema do foguete lanzador. Levaban unha cámara de 1,67 m de distancia focal e unha resolución de 1,5 m.[6]

Samos-E6 editar

Cincos satélies Samos-E6 chegaron a órbita a bordo de foguetes Atlas LV3 Agena B. Foron os últimos membros da familia Samos e levaban unha cámara de 0,7 m de distancia focal cunha resolución de 2,4 m. Dos cinco, só un conseguiu devolver a película fotográfica a terra con éxito. Outros catro Samos-E6 foron construídos pero non lanzados.[7]

Historial de lanzamentos editar

Misión[1][2][3][4][5][6][7] Data de lanzamento[1][2][3][4][5][6][7] Foguete lanzador[1][2][3][4][5][6][7] Notas[1][2][3][4][5][6][7]
Samos 1 11 de outubro de 1960 Atlas LV3 Agena A Fallo
Samos 2 31 de xaneiro de 1961 Atlas LV3 Agena A Éxito
Samos 3 9 de setembro de 1961 Atlas LV3 Agena B Fallo
Samos 4 22 de novembro de 1961 Atlas LV3 Agena B Fallo
Samos 5 22 de decembro de 1961 Atlas LV3 Agena B Éxito
Samos 6 7 de marzo de 1961 Atlas LV3 Agena B Éxito
Samos 7 26 de abril de 1962 Atlas LV3 Agena B Éxito
Samos 8 17 de xuño de 1962 Atlas LV3 Agena B Éxito
Samos 9 18 de xullo de 1962 Atlas LV3 Agena B Éxito
Samos 10 5 de agosto de 1962 Atlas LV3 Agena B Éxito
Samos 11 11 de novembro de 1962 Atlas LV3 Agena B Éxito

Notas editar

  1. 1,0 1,1 1,2 1,3 1,4 1,5 Mark Wade (2021). "Samos" (en inglés). Consultado o 12 de febreiro de 2021. 
  2. 2,0 2,1 2,2 2,3 2,4 Gunter Dirk Krebs (2021). Gunter's Space Page, ed. "Samos-E1" (en inglés). Consultado o 12 de febreiro de 2021. 
  3. 3,0 3,1 3,2 3,3 3,4 Gunter Dirk Krebs (2021). Gunter's Space Page, ed. "Samos-F1" (en inglés). Consultado o 12 de febreiro de 2021. 
  4. 4,0 4,1 4,2 4,3 4,4 Gunter Dirk Krebs (2021). Gunter's Space Page, ed. "Samos-E2" (en inglés). Consultado o 12 de febreiro de 2021. 
  5. 5,0 5,1 5,2 5,3 5,4 Gunter Dirk Krebs (2021). Gunter's Space Page, ed. "Samos-E4" (en inglés). Consultado o 12 de febreiro de 2021. 
  6. 6,0 6,1 6,2 6,3 6,4 Gunter Dirk Krebs (2021). Gunter's Space Page, ed. "Samos-E5" (en inglés). Consultado o 12 de febreiro de 2021. 
  7. 7,0 7,1 7,2 7,3 7,4 Gunter Dirk Krebs (2021). Gunter's Space Page, ed. "Samos-E6" (en inglés). Consultado o 12 de febreiro de 2021. 

Véxase tamén editar

Outros artigos editar