Samba Martine, nada na República Democrática do Congo en 1977 e finada Madrid, España o 19 de decembro de 2011[1] foi unha emigrante morta tras o seu internamento no Centro de Internamento de Estranxeiros (CIE) de Aluche, en Madrid. A polémica do seu caso contribuíu a que a existencia e as condicións dos CIE ocupara un lugar mais visible no debate público en España.[2]

Infotaula de personaSamba Martine
Biografía
Nacemento1977 Editar o valor em Wikidata
República Democrática do Congo Editar o valor em Wikidata
Morte19 de decembro de 2011 Editar o valor em Wikidata (33/34 anos)

Biografía editar

Martine chegou a Melilla en agosto de 2011. Á súa chegada, entrou no CETI (Centro de Estancia Temporal de Inmigrantes). Permaneceu alí tres meses, ata o 12 de novembro, cando, por sobreocupación do CETI, a trasladaron ao CIE (Centro de Internamento de Estranxeiros) de Aluche, en Madrid, coa intención de expulsala do Estado. Neste CIE identificáronma cun número: o 3106.[3]

Denuncia editar

O seu caso é unha das denuncias que internas e internos, activistas, organizacións e colectivos de apoio realizan ante a existencia e condicións destes centros. En particular, critican que Samba Martine non fora diagnosticada nin recibira a atención médica adecuada a pesar do número de veces que a solicitou.

Segundo o informe do servizo médico do CIE, elaborado tras o seu pasamento, refiren ata 10 visitas da muller precisando asistencia. No informe só consta que nunha destas visitas, levada a cabo o 14 de decembro, estivo acompañada de intérprete. En ningunha delas diagnosticaron a súa verdadeira enfermidade.

Por fin, o día 19 de decembro trasladáronma ao Hospital 12 de Octubre debido a unha hiperventilación.

Trala súa morte, a hipótese que manexou nun principio o hospital foi a de meninxite. Despois, o hospital cambiou o diagnóstico ao de pneumonía pneumocócica, e máis tarde sinalouse que a morte podería ter sido provocada por unha infección derivada do VIH, xa que Martine era seropositiva.[1]

O Xulgado de Instrución número 38 de Madrid arquivou a investigación penal aberta por estes feitos e presentada pola familia de Martine. Segundo o auto, non existe atisbo algún de que se producira unha conduta neglixente ou mala praxe por parte dalgún dos sanitarios que atenderon á falecida, e existe, contrariamente, constatación de que, en calquera caso, ineludiblemente, se tería producido o mesmo resultado”.[4]

Obras editar

O caso de Martine foi representado na obra teatral Un trozo invisible de este mundo escrita por Juan Diego Botto e interpretada por el mesmo e a actriz e cantante Astrid Jones.[5]

As artistas Daniela Ortiz e Xose Quiroga realizaron o 12 de outubro de 2012 o vídeo "Homenaje a los caídos" no que se levou en procesión por Madrid unha imaxe de Samba Martine dende a Praza de Colón ata o Hospital 12 de outubro onde morreu.

Notas editar

  1. 1,0 1,1 Mónica Ceberio Belaza (24 de xaneiro de 2012). "Los médicos del CIE descartaron nueve veces la gravedad de la interna fallecida". Consultado o 19 de decembro de 2012. 
  2. Diego Sanz Paratcha (Xaneiro de 2012). "Los Centros de Internamiento de Extranjeros dejan de ser invisibles" (en castelán). Arquivado dende o orixinal o 05 de novembro de 2013. Consultado o 19 de decembro de 2012. 
  3. Héctor Juanatey Ferreiro (18 de decembro de 2012). "Encerrada sin delito, murió enferma como un número" (en castelán). Consultado o 19 de decembro de 2012. 
  4. Mónica Ceberio Belaza (5 de outubro de 2012). ""No hubo negligencia en la muerte de la interna del CIE Samba Martine"". Consultado o 19 de decembro de 2012. 
  5. Elsa Fernández-Santos (26 de septembro de 2012). "Todas las voces de Juan Diego Botto" (en castelán). Consultado o 19 de decembro de 2012.