Salvelinus umbla

Salvelinus umbla. Lamina de 1916
Estado de conservación
Pouco preocupante (LC)
Pouco preocupante[1]
Clasificación científica
Reino: Animalia
Filo: Chordata
Subfilo: Vertebrata
Clase: Actinopterygii
Orde: Salmoniformes
Familia: Salmonidae
Subfamilia: Salmoninae
Xénero: Salvelinus
Especie: S. umbla
Nome binomial
Salvelinus umbla
(Linnaeus, 1758)
Sinonimia
Véxase o texto

Salvelinus umbla é unha especie de peixes osteíctios da orde dos salmoniformes, familia dos salmónidos, subfamilia dos salmoninos, unha das numerosas comprendidas no xénero Salvelinus,[2][3][4] da que é a súa especie tipo.

Salvelinus umbla xuvenil
no Acquario Civico de Milán
Salvelinus umbla no Universeum Science Park, Gotemburgo (Suecia)

Taxonomía editar

Descrición editar

A especie foi descrita en 1758 por Linneo na 10ª edición do seu Systema Naturae, baixo o nome de Salmo ulma.[2][3]

Sinónimos editar

Ademais de polo seu nome actualmente válido, a especie coñecuese tamén polos sinónimos:[2][3]

  • Salmo costatus Gronow, 1854
  • Salmo distichus Heckel, 1851
  • Salmo monostichus Heckel, 1851
  • Salmo pallidus Nilsson, 1832
  • Salmo salmarinus Linnaeus, 1758
  • Salmo salvelinus Linnaeus, 1758
  • Salmo salvelinus carneus Fitzinger, 1832
  • Salmo salvelinus marsilii Fitzinger, 1832
  • Salmo schrankii Heckel & Kner, 1858
  • Salmo umbla Linnaeus, 1758 (protónimo)
  • Salvelinus salvelinus (Linnaeus, 1758)

Catacterísticas editar

Cun tamaño máximo de 75,0 cm, distínguese dos seus conxéneres de Europa central polos seguintes caracteres:[5]

  • Fociño cónico.
  • Boca de terminal a subterminal.
  • Maxilar inferior non incluído nosuperior.
  • De 25 a 31 branquias.
  • Flancos de cor marró verdosa con manchas avermelladas, ventre de amarelado a alaranxado ou avermellado.
  • Aletas de cor de vermello a alaranxada, coas marxes brancas.

Distribución editar

É unha especie europea de augas doces temperadas bentopeláxica que habita entre os 48° e os 45° N, e os 5° e os 11° L,[6] que se encontra nos lagos alpinos e subalpinos de Italia (Trentino-Tirol do Sur), Francia (lago de Bourget), Suíza, Alemaña e Austria.[1][5] Introducido en numerosos lagos de grande altitude; por exemplo, en Suecia.[7]

Poboación editar

Nalgúns lagos extiguiuse (por exemplo, no Mondsee) e, en moitos casos, repoboouse noutros lagos. Nalgúns lagos estase recuperando (por exemplo, no de Constanza onde estaba case extinguido, ou no Léman). Nalgúns lagos a poboación sempre estivo sa (por exemplo, no Grundl e non Konigsee). En xeral, houbo un colapso de poboación nos anos 1970 e hoxe en día a poboación estase recuperando.[1]

Bioloxía editar

Habita en lagos profundos en vales de orixe glaciar e lagos de grande altitude. Aliméntase de crustáceos, insectos e fauna bentónica; algúns individuos desenvólvense como grandes piscívoros, cunha morfoloxía distinta.[1]{{sfn|Kottelat|Freyhof|2007} Desova por primeira vez aos 2-3 anos de idade,[1] sobre fondos de seixos e pedras en pendentes pronunciadas, a profundidades de 30 a 120 m.[1][5]

Ameazas editar

A principal ameaza para a especie foi a eutrofización que se produciu nos anos 1960 e 1970. Por outra parte, a destrución do seu hábitat tamén é unha ameaza local.[1]

Estado de conservación editar

A Unión Internacional para a Conservación da Natureza e dos Recursos Naturais, considerando que a especie atópase en moitos lagos alpinos e subalpinos de Francia, Suíza, Alemaña, Italia e Austria, e aínda que en moitos lagos a súa poboación diminuíu moito debido á eutrofización nos anos 1960 e 1970, e extinguiuse nalgúns lugares, e que nalgúns destes lagos as poboacións só se manteñen mediante programas de repoboación por traslados de espécimes doutros lagos, en xeral, a poboación está a recuperarse e só está ameazada localmente pola destrución do hábitat, polo que cualifica o seu status como LC (poico preocuipante).[1]

Notas editar

  1. 1,0 1,1 1,2 1,3 1,4 1,5 1,6 1,7 Freyhof, J. & Kottelat, M. (2008): Salvelinus umbla na Lista vermella da UICN. Versión 2021-3. Consultada o 8 de marzo de 2022.
  2. 2,0 2,1 2,2 Salvelinus umbla (Linnaeus, 1758) no WoRMS. Consultado o 8 de marzo de 2022.
  3. 3,0 3,1 3,2 Salvelinus umbla (Linnaeus, 1758) no GBIF. Consultado o 8 de marzo de 2022.
  4. Salvelinus umbla (Linnaeus, 1758) no BioLib. Consultado o 8 de marzo de 2022.
  5. 5,0 5,1 5,2 Kottelat & Freyhof 2007.
  6. FishBase.
  7. Kullander, S. O. (1999): Swedish fishes: checklist of Swedish fishes. Estocolmo: Swedish Museum of Natural History.

Véxase tamén editar

Bibliografía editar

Outros artigos editar