"Salvation", escrita por Per Gessle, é o cuarto e último single do álbum Have A Nice Day do dúo de pop sueco Roxette. O single foi lanzado en decembro de 1999. O single foi o terceiro de Have a Nice Day en entrar no Top 20 finés (e tamén tivo unha grande emisión nese país). En Alemaña e Suecia, por outro lado, alcanzou posicións baixas (80 e 46). "Salvation" tampouco conseguiu tanta emisión como os singles anteriores. A versión en castelán "Lo Siento" tivo algo menos de emisión nos países castelanfalantes.
Lista de temas
editar
# |
Título
|
1. |
"Salvation" (Single version)
|
2. |
"See Me"
|
3. |
"Crazy About You" (C.B.B. version)
|
4. |
"Stars" (vídeo)
|
Véxase tamén
editar