Salvador (futbolista)
futbolista
Salvador foi un futbolista galego de comezos do século XX que xogaba na demarcación de dianteiro.
Biografía | |
---|---|
Nacemento | valor descoñecido |
Actividade | |
Ocupación | futbolista |
Deporte | fútbol |
Traxectoria
editarXa militaba no Real Club Fortuna de Vigo antes da fusión deste co Real Vigo Sporting Club en agosto de 1923 para dar lugar ao nacemento do Celta de Vigo, pasando a formar parte do extenso equipo de máis de sesenta xogadores deste. A causa da gran competencia na dianteira de xogadores como Polo, Chicha ou Casal nunca tería moitas oportunidades no equipo celtista por parte do adestrador Francis Cuggy
Finalmente deixou o club en 1925 despois de gañar dúas veces o Campionato galego.
Véxase tamén
editarLigazóns externas
editar- Txema Ereaga (2 de marzo de 2013). "Salvador: Escasa participación en un recién nacido Celta". Fame Celeste (en castelán).