Salva Sevilla

futbolista español

Salvador Sevilla López, coñecido como Salva Sevilla, nado o 18 de marzo de 1984 en Berja (Almería), é un futbolista español. Xoga de centrocampista no Deportivo da Coruña, da Primeira División RFEF:.

Salva Sevilla
Información persoal
Nome Salvador Sevilla López
Nacemento 18 de marzo de 1984 (40 anos)
Lugar de nacemento Berja
Altura 1,78 m.
Posición Centrocampista
Información de club
Club actual Deportivo da Coruña
Número 6
Carreira xuvenil
Poli Ejido
Carreira sénior
Anos Equipos Aprs (Gls)
2003–2005 Poli Ejido 10 (0)
2004–2005Atlético de Madrid C (cedido)
2005Atlético de Madrid B (cedido) 1 (0)
2005–2008 Sevilla B 88 (11)
2008–2010 Salamanca 75 (17)
2010–2014 Betis 105 (12)
2014–2017 Espanyol 47 (1)
2017–2022 Mallorca 178 (25)
2022–2023 Alavés 38 (3)
2023– Deportivo da Coruña 4 (0)
Na rede
Twitter: SalvaSevilla14 Editar o valor em Wikidata
Partidos e goles só en liga doméstica.
Club: actualizado a 27 de outubro de 2023.
editar datos en Wikidata ]

Traxectoria editar

Formouse como futbolista na canteira do desaparecido Poli Ejido, no que tamén xogou seu irmán José Antonio, e debutou co primeiro equipo na Segunda División na tempada 2003/04, da man do adestrador Quique Setién.[1][2] Foi nun partido da Copa do Rei ante o Lanzarote no que marcou dous goles, aínda que o seu equipo acabou perdendo 4-2.[2] Despois de disputar 11 partidos esa tempada, para a seguinte saíu cedido ao Atlético de Madrid C, da Terceira División (xogou tamén un partido co Atlético B en Segunda B).

Entre 2005 e 2008 xogou no Sevilla Atlético, co que conseguiu un ascenso á Segunda División na tempada 2006/07. Xogou un total de 88 partidos oficiais co filial sevillista, marcando 11 goles. Nas tempadas 2008/09 e 2009/10 militou no Salamanca, sendo un dos xogadores máis destacados e un fixo nas aliñacións iniciais do equipo salmantino, co que sumou un total de 77 partidos e 20 goles.[3][4]

En xullo de 2010 fichou polo Betis, tamén de Segunda División. Na súa primeira campaña foi un dos xogadores máis utilizados polo adestrador Pepe Mel, disputando un total de 39 partidos dunha tempada que concluíu co Betis como campión e co ascenso directo a Primeira.[5] Na tempada 2012/13 o equipo de Mel rematou sétimo e na seguinte campaña competiu na Europa League. Salva Sevilla marcou un dos goles do seu equipo no histórico derbi sevillano disputado nos oitavos de final da competición europea.[5] Deixou o Benito Villamarín en 2014, despois de catro tempadas, 118 partidos e 12 goles.

A continuación fichou polo Espanyol, no que militou durante tres anos, todos na máxima categoría. Foi o autor do primeiro gol da liga na tempada 2015/16, nun partido contra o Getafe no que superou de falta directa ao gardameta Vicente Guaita, sendo este o seu único tanto coa camiseta do equipo catalán.[6]

En 2017 baixou dúas categorías para xogar co Mallorca na Segunda División B. Titular indiscutible no equipo de Vicente Moreno durante os seguintes anos, logrou dous ascensos consecutivos e volveu xogar na Primeira División na tempada 2019/20. Aínda que o equipo balear descendeu ao remate desa campaña, conseguiu un novo ascenso na 2020/21, con Luis García como adestrador, sendo protagonista no partido de volta da final da promoción de ascenso, ao anotar un dos tres goles cos que o seu equipo remontou a eliminatoria ante o Deportivo da Coruña.[7] Deixou o equipo en 2022, cun balance de 186 partidos, 25 goles e 21 asistencias.[8]

Na tempada 2022/23 xogou co Alavés en Segunda, poñéndose de novo ás ordes de Luis García, e logrou un novo ascenso,o sexto da súa carreira deportiva. Foi unha das pezas fundamentais do equipo, contribuíndo cun total de 42 partidos e 4 goles.[7]

No verán de 2023, con 39 anos de idade, fichou como novo xogador do Deportivo da Coruña, na Primeira División RFEF.[7]

Palmarés editar

Sevilla Atlético
Betis
Mallorca

Notas editar

  1. "Salva Sevilla asegura que «me fui del Poli buscando un club que confiara en mí»" (en castelán). 5 de outubro de 2007. Consultado o 26 de outubro de 2023. 
  2. 2,0 2,1 "Setién confía en Salva en la Liga". As (en castelán). 11 de outubro de 2003. Consultado o 26 de outubro de 2023. 
  3. "Entrevista a Salva Sevilla, jugador del Real Betis, sobre el derbi contra Sevilla" (en castelán). 9 de abril de 2014. Consultado o 26 de outubro de 2023. 
  4. "El Betis ficha a Salva Sevilla por cuatro temporadas". As (en castelán). 3 de xullo de 2010. Consultado o 26 de outubro de 2023. 
  5. 5,0 5,1 "Salva Sevilla deja claro su beticismo: "Nunca os podré devolver lo que me habéis dado"" (en castelán). 21 de febreiro de 2022. Consultado o 26 de outubro de 2023. 
  6. "Salva Sevilla marcó el primer gol de la Liga... ¡y qué gol!". Marca (en castelán). 23 de agosto de 2015. Consultado o 27 de outubro de 2023. 
  7. 7,0 7,1 7,2 "Salva Sevilla: veteranía, polémica y un imán de ascensos". As (en castelán). 31 de agosto de 2023. Consultado o 27 de outubro de 2023. 
  8. "Salva Sevilla es el primer fichaje del Alavés 2022-2023" (en castelán). 28 de maio de 2022. Consultado o 27 de outubro de 2023. 

Véxase tamén editar

Ligazóns externas editar