Salto do Nervión

Coordenadas: 42°56′28″N 2°58′50″O / 42.941111111111, -2.9805555555556

O salto do Nervión é un salto vertical de 220 m de altura que ten como orixe a confluencia dos regatos Iturrigutxi, Ajiturri e Urita, nacidos entre as serras de Gillarte e Gibijo. Esta fervenza só existe en época de choivas ou desxeo de neves, o que dá lugar a que a cachoeira só apareza de forma esporádica.

Salto do Nervión, en inverno.

Atópase no límite da provincia de Burgos e de Áraba, xunto ao porto de Orduña, entre a serra de Gibijo e o monte Santiago. Pódese acceder a un miradoiro desde a parte sur de dito porto por Berberana ou desde a parte norte partindo de Orduña (un enclave biscaíño situado en Áraba) e continuando por terras arabesas até coroar o porto. Tamén se pode andar polo canón do Délica até a mesma parede, pero é máis dificultoso xa que hai que ir andando a treitos polo leito do río.

Val do Délica visto desde o Salto do Nervión.