Salto do Coro
O salto do Coro é unha fervenza do rego de Argomoso, afluente do río Valiñadares, situada na parroquia de Argomoso (Mondoñedo).

Coordenadas: 43°24′20″N 7°21′18″O / 43.40563, -7.35491
O salto ten unha única caída sobre unha rocha lisa, duns 15 m de altura[1], cun estanque natural ós seus pés. O acceso é sinxelo por un camiño inclinado de máis de medio quilómetro dende a beira do Valiñadares. Ata alí, o acceso pode facerse andando ou mesmo en coche.
Notas editar
- ↑ "Salto do Coro". Cascadas Gallegas. 2016-11-06. Consultado o 2019-06-26.