Saltillo
O saltillo ( Ꞌ, ꞌ ) é un grafema empregado como letra suplementaria do alfabeto latino. É semellante a un apóstrofo.[1]
Uso
editarEmprégase en linguas de México, coma o meꞌphaa,[2][3] o chꞌol[4] ou o mixteco[5] para representar unha consoante oclusiva glotal.
En lingua náhuatl non sempre se escribe este fonema. Para representalo empréganse, ademais do saltillo as letras h ou j ou un acento grave.[6]
Tamén aparece o saltillo no alfabeto do sinama central en Filipinas e Borneo, que se pode representar cun apóstrofo.[7]
Notas
editar- ↑ Instituto Lingüístico de Verano, México (ed.). "Glosario Electrónico de Términos Lingüísticos". Arquivado dende o orixinal o 24 de decembro de 2013. Consultado o 11 de febreiro de 2014.
- ↑ "Alfabetos de la lengua mephaa". Arquivado dende o orixinal o 10 de xuño de 2013. Consultado o 14 de febreiro de 2014.
- ↑ Antonio, Benito Apolinar (2007). "Vocabulario ilustrado en meꞌphaa" (PDF). Consultado o 14 de febreiro de 2014.
- ↑ "Alfabetos de la lengua chꞌol". Arquivado dende o orixinal o 29 de marzo de 2014. Consultado o 14 de febreiro de 2014.
- ↑ "Alfabetos de la lengua Tuꞌun Savi". Arquivado dende o orixinal o 28 de marzo de 2014. Consultado o 14 de febreiro de 2014.
- ↑ Omniglot (ed.). "Nahuatl". Consultado o 14 de febreiro de 2014.
- ↑ Omniglot (ed.). "Central Sinama". Consultado o 14 de febreiro de 2014.