Sally Jane Morgan, nada o 18 de xaneiro de 1951, é unha escritora, dramaturga e artista aborixe australiana. Os traballos de Morgan están publicados en coleccións públicas e privadas, tanto en Australia coma no resto do mundo.

Infotaula de personaSally Morgan
Biografía
Nacemento18 de xaneiro de 1951 Editar o valor em Wikidata (73 anos)
Perth, Australia Editar o valor em Wikidata
Datos persoais
País de nacionalidadeAustralia Editar o valor em Wikidata
Grupo étnicoBailgu (en) Traducir Editar o valor em Wikidata
EducaciónUniversidade de Australia Occidental
Universidade Curtin (pt) Traducir Editar o valor em Wikidata
Actividade
Ocupaciónescritora , escritora de literatura infantil , biógrafa , profesora universitaria , pintora Editar o valor em Wikidata
Período de actividade1987 Editar o valor em Wikidata -
EmpregadorUniversidade de Australia Occidental Editar o valor em Wikidata
LinguaLingua inglesa Editar o valor em Wikidata
Familia
FillosAmbelin Kwaymullina (en) Traducir Editar o valor em Wikidata
IrmánsHelen Milroy (en) Traducir e Jill Milroy (en) Traducir Editar o valor em Wikidata

Traxectoria editar

Morgan naceu en Perth, Australia Occidental, sendo a maior de cinco nenos. Cando era nena, Morgan comezou a temer pola súa diferenza cos demais nenos da súa escola, xa que non tiña pel branca, e era frecuentemente cuestionada polos outros estudantes sobre os seus devanceiros. Tiña entendido pola súa nai que os seus devanceiros eran da India. Porén, cando Morgan tiña quince anos, descubriu que tanto ela como a súa irmá eran en realidade descendentes de aborixes, do pobo palku (ou bailgu) da rexión de Pilbara.

Logo de rematar a escola, Morgan comezou a universidade. En 1972, casou con Paul Morgan, un compañeiro de estudos, e durante a década seguinte terminou a súa carreira e tivo tres fillos.

Traballo como escritora editar

A historia do seu descubrimento sobre o pasado da súa familia nárrase en My Place (1987), o cal vendeu máis de medio millón de copias en Australia. Tamén foi publicado en Europa, Asia e os Estados Unidos. O seu segundo libro, Wanamurraganya, publicado en 1989, narra a biografía do seu avó, Jack McPhee. Ó longo da súa vida, escribiu cinco libros máis para os seus fillos.

Morgan é directora (e profesora) no Centro para a Historia e a arte Indíxenas, na Escola de Estudos Indíxenas, situado na Universidade de Australia Occidental. Recibiu moitos premios: My Place gañou o premio humanitario Human Rights and Equal Opportunity Commission humanitarian en 1987, o premio literario da semana da universidade de Western Australia na categoría de non-ficción en 1988, e o premio Order of Australia Book de 1990. En 1993, historiadores de arte internacionais seleccionaron a pintura Outback, de Morgan, como unha das trinta pinturas e esculturas que estarían impresas en estampas, como celebración da Declaración Universal dos Dereitos Humanos.

Obras editar

Obras biográficas editar

  • My place (Fremantle: Fremantle Arts Centre Press. 1999 - primeira edición 1987) ISBN 1-86368-278-3
  • Wanamurraganya, the story of Jack McPhee (Narkaling Productions, 1990).
  • Mother and daughter: The story of Daisy and Glady's Corunna (Narkaling Productions, 1994) editado por Barbara Ker Wilson.
  • Arthur Corunna's story (Narkaling Productions, 1995) editado por Barbara Ker Wilson.

Libros para nenos editar

  • Little piggies (Fremantle Arts Centre Press, 1991) con Paul Morgan
  • The flying emu and other Australian stories (Viking, 1992)
  • Hurry up, Oscar! (Puffin Books, 1993) ilustrado por Bettina Guthridge
  • Pet problem (Fremantle Arts Centre Press, 1994)
  • Dan's grandpa (Sandcastle, 1996) ilustrado por Bronwyn Bancroft
  • Weather (Allen & Unwin, 1996) editado por David Ellyard
  • In your dreams (Sandcastle Books, 1997) ilustrado por Bronwyn Bancroft
  • Just a little brown dog (Fremantle Arts Centre Press, 1997) ilustrado por Bronwyn Bancroft
  • Life in - a clearing in the forest (Belitha, 2000)
  • Life in- a pond in a meadow (Belitha, 2000)
  • Wildlife in danger (Franklin Watts, 2005) editado por Clare Oliver
  • Waste disposal (Franklin Watts, 2005)
  • Water for all (Franklin Watts, 2005)

Obras teatrales editar

  • Cruel wild woman e David Milroy (Yirra Yaakin Noongar Theatre, 1999) representada na tempada de 1999 do Festival Internacional de Arte de Perth.

Edicións editar

  • Gnyung Waart Kooling Kulark (lanzado á venda como Going Home) (Centre for Indigenous History & the Arts, School of Idigenous Studies, Universidad de Western Australia, 2003) co-editado con Jill Milroy e Tjalaminu Mia.
  • Echoes of the past: Sister Kate's home revisited (Centre for Indigenous History and the Arts 2002) con Tjalaminu Mia, fotografía por Victor France.

Premios editar

  • 1987 - Premio de Literatura sobre os Dereitos Humanos por My Place[1]
  • 1989 - Premio de Literatura sobre os Dereitos Humanos por Wanamurraganya, the story of Jack McPhee[2]

Notas editar

  1. "1989 Human Rights Medal and Awards" (Human Rights and Equal Opportunity Commission ed.). Arquivado dende o orixinal o 27 de setembro de 2007. Consultado o 11 de agosto de 2007. 
  2. "1989 Human Rights Medal and Awards" (Human Rights and Equal Opportunity Commission ed.). Arquivado dende o orixinal o 29 de setembro de 2007. Consultado o 11 de agosto de 2007.