Saleta Fernández (actriz)

actriz de teatro galega

Saleta Fernández é unha actriz galega de teatro afeccionado.

Infotaula de personaSaleta Fernández

Traxectoria editar

Formada principalmente e durante máis de dez anos con Fran Rei, dentro da Escola de Teatro da Asociación Artística de Cuntis, tamén participou en diversos obradoiros e cursos monográficos de técnicas teatrais tales como improvisación, clown, interpretación dramática ou movemento escénico da man de Iván Prado, Antón Valén, Jesús Jara, Míriam Villalobos ou Anabel Gago, entre outros.

A súa primeira incursión no circuíto teatral profesional galego chegou en 2011, ao abeiro da Compañía Teatro do Astracán e da súa primeira montaxe, Ladrón e Familia, dirixida por Evaristo Calvo. Posteriormente formou a súa propia compañía, Código Morsa, xunto a Alberto Torres para dar saída ás súas inquedanzas teatrais, estreando en 2014 o seu primeiro espectáculo, Supergalácticos, dirixido por Fran Rei. Igualmente, foi a presentadora das galas das Irmandades da Fala, que xiraron por Galicia en 2016, acompañada de artistas tan recoñecidos como Caxade, Mago Teto ou Luís Iglesia. Dende 2017 representou con Pallasos en Rebeldía a súa produción O Valo.

Dende 2018 representou Pan con Chocolate, de María Victoria Moreno, obra de alta carga social dirixida por Fran Rei, na que se fala da amizade verdadeira por riba de todas as dificultades e, polo medio, outras tres aventuras máis xurdidas do maxín de Mª Victoria Moreno.

Véxase tamén editar

Bibliografía editar


 
 Este artigo sobre teatro é, polo de agora, só un bosquexo. Traballa nel para axudar a contribuír a que a Galipedia mellore e medre.
 Existen igualmente outros artigos relacionados con este tema nos que tamén podes contribuír.