Sala de control

lugar nun estudio de grabación

Unha sala de control (en inglés Control Room) e o lugar onde se rexistra e se edita un sinal de son. Estas salas, atopadas normalmente dentro de estudios de gravacións, necesitan dunhas características especiais segundo o seu tipo, pero xeralmente son habitacións insonorizadas onde non pode entrar ningún tipo de son do exterior e que ademais favorecen acusticamente o traballo que se realiza nela.

Sala Rettinger editar

 
Sala Rettinger

En 1977 Michael Rettinger comezou a darlle grande importancia a sala de control, e estableceu unhas características que para el eran fundamentais. Presentaba unha sala de como mínimo uns 150 metros cúbicos aproximadamente (e ser un 20 % do estudo de gravación), que non debe ser rectangular, senón mais ben forma de trapecio ou semitrapecio, polo que as paredes laterais deberán ter unha certa inclinación, deste modo evitase que os modos propios da habitación afecten a acústica desexada.

En canto os materiais a empregar, Rettinger instalaba superficies reflectintes en paredes laterais e teito, mentres que a parede traseira acondicionase de maneira que sexa moi absorbente e non poida chegar ningunha reflexión de primeiro orde o técnico.

Sala Non-Environment editar

Tom Hidley elaborou no ano 1983 este novo modelo co obxectivo de conseguir unha monitorización que se asemellara o máis posible a escoita en campo libre. Baséase principalmente en situar os altofalantes nunha parede reflectinte, o igual que o solo, mentres que as demais estarán cheas de material absorbente, deste modo se consegue unha resposta mais uniforme.

Como contra, a instalación deste sistema ten un custo moi elevado, xa que necesita moitos materiais para absorber todas as frecuencias, coa construción por exemplo de labirintos acústicos, que son moi eficientes para os graves.

Sala Lede editar

No 1980, Don Davis foi un dos pioneiros en introducir un novo modelo de salas de control. Este novo modelo dividía a sala en dúas prtes, a parte dianteira, que e totalmente absorbente (sala morta) e a parte traseira, que estará recuberta de material reflectinte (sala viva). Deste modo, se conseguen evitar fortes reflexións que poidan producir un efecto de cancelación.

Xeometricamente, Davis evita as paredes paralelas para que non se acumule ningún tipo de onda estacionaria.

Sala Jensen editar

Tipo de sala de control creada por Wolfan Jensen a mediados dos anos 70. Usa materiais absorbentes en forma de dentes de serra, apuntando cara aos altofalantes e así evitar que as reflexións se dirixan cara ao técnico.

Polas súas características este tipo de sala tamén pode ser utilizado como sala de gravación.

Véxase tamén editar

Outros artigos editar

Ligazóns externas editar