Salón do Automóbil de Vigo

evento expositivo anual

O Salón do Automóbil de Vigo é un evento expositivo comercial anual, do mundo do motor, que se celebra na primavera no Instituto Feiral de Vigo, dende o ano 1992, sendo así o segundo certame en activo máis antigo de España, só por detrás do Salón do Automóbil da Fira de Barcelona.

Salón do Automóbil de Vigo
XXI Salón do Automóbil, 2012
Tiposalón do automóbil e evento periódico
Data de fundación1992
PaísEspaña
editar datos en Wikidata ]
XXIII Salón do Automóbil, 2014.

Actividades editar

O Salón de Vigo consta de varias actividades. Principalmente a exposición comercial e venda de vehículos de dúas e catro rodas da maioría da marcas, dende turismos ata caravanas e autocaravanas, e mesmo pequenas embarcacións, que inclúe ás veces presentacións dalgúns modelos novos. En 2011 esta exposición tivo ó seu servizo 25.000 m² repartidos en dos pavillóns.

Adoitan expoñerse, tamén, coches e motocicletas antigas (Retro Salón).

Nos anos 2007-2010 fíxose noutro pavillón do IFEVI unha demostración deportiva indoor chamada RacingShow, na que competiron varios pilotos de rally, dos campionatos galego, español e portugués, e de cando en vez algunha estrela internacional, como foi o caso de Juha Kankkunen, Didier Auriol, Miki Biasion ou Timo Salonen.

En ocasións tamén se fan demostracións de karting no exterior do recinto.

Edición 2011 editar

En 2011 o Salón de Vigo cumpriu 20 anos, e tivo lugar entre os días 30 de abril e 8 de maio. Nesta edición homenaxeouse á marca francesa Citroën cunha exposición de 40 coches históricos e outros actuais, e unha concentración de coches de propietarios particulares, que tivo lugar o 7 de maio.[1]

 
Retro Auto&Moto Galicia 2015, Chrysler B70, 1926.

Retro Auto&Moto Galicia editar

Dende o ano 2015 fíxose coincidir, durante tres días, co V Retro Auto&Moto Galicia (evento monográfico sobre vehículos e motos clásicas e de época), que nas catro edicións anteriores víñase celebrando en Santiago de Compostela.[2]

 
XII Motorocasión, do 10 o 13 de maio de 2012.

Motor Ocasión editar

En datas posteriores e no mesmo recinto, celébrase o Motor Ocasión, adicado aos vehículos de segunda man.

Galería de imaxes editar

Notas editar

Véxase tamén editar

Outros artigos editar

Ligazóns externas editar