Sakamura, Corrales y los muertos rientes

Sakamura, Corrales y los muertos rientes é a terceira novela de David Homedes Cameo, publicada en febreiro de 2009 co pseudónimo de Pablo Tusset.

Sakamura, Corrales y los muertos rientes
Autor/aPablo Tusset
CubertaBernat Lliteras
OrixeEspaña
Linguacastelán
ColecciónÁncora y Delfín (nº 1142)
Xénero(s)Novela negra
EditorialEdiciones Destino
Data de pub.24 de febreiro de 2009
Formato13,3 x 23 cm
edición rústica cosida a fío
Páxinas272
ISBNISBN 978-84-233-4129-0
editar datos en Wikidata ]

Trama editar

A finais do mes de xullo, o cabo Rafael Corrales (nado en Carabanchel), da Garda Civil, e o inspector Sakamura (venerable mestre Zen xaponés e budista, que estuda os escenarios en función do Feng Shui), enviado pola Interpol, están nunha vila da provincia de Xirona á beira da Costa Brava, investigando a morte de tres estranxeiros nunha mesma situación: falecidos cun sorriso na cara tomando o Sol.

Por outra banda, o presidente da Generalitat de Cataluña reúne o seu goberno (formado por membros de sete partidos políticos) para evitar que os xornalistas saiban que as mortes son debidas ao Experimento Catalonia, mediante o cal, cunha máquina chamada Reconector ideada por integristas musulmáns, se podía lograr que unha persoa aprendese un idioma nun instante sen dificultade algunha. Ademais, o presidente contrata a Jazmín Agente 69, axente secreta, para que interfira na investigación de Sakamura e Corrales.

O presidente do goberno de España tamén reúne o seu gabinete. Mentres, un comando do grupo terrorista vasco IKEA intenta facerse co Reconector para axudar a levar a cabo os seus plans de autodeterminación para a súa nación. Unha vez que o logran roubar, secuestran en Madrid ao presidente do goberno e fan que só fale éuscaro, creando un grave conflito. Despois diso, o comando diríxese a Andorra para facer efectivo un cheque que atoparon casualmente ao roubaren a máquina, pertencente á Agente 69.

Unha vez en Andorra, o comando ten un altercado cos dous investigadores, que se dirixiran alí acompañados de Jazmín, e a Generalitat recupera a máquina.

Narración editar

A obra vai alternando pasaxes das diferentes accións, narradas sempre en terceira persoa e desde unha perspectiva cómica.

O contexto político é un tanto delirante: Partindo da situación política do ano 2008, créanse personaxes paralelas que suceden ao presidente do goberno Zapatero, ao president de la Generalitat Montilla, e ao lehendakari Juan José Ibarretxe. Ademais, trala abdicación do Príncipe Filipe, a raíña de España é Eusebia I.

Véxase tamén editar

Ligazóns externas editar